Gaivotas eternas


Xa o corazón non pode chorar máis
Xa o corazón non pode chorar máis;
xa as bágoas pasaron do cristal
ó xeo
e se desfán no teu lembrar.

Xa a vida se fai sen ti…
e custa, custa pensar
que pronto
esquecerás aquilo que devezo
por non perderes
e que xa hai tempo que non está.

Xa a alma se fai ó sentir
de que son eu
a que non sabe facerte feliz.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 28-12-2009 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Gotas de auga
Sumerxidas as mans
na profundidade dun océano
cristaíño;
as ás da gaivota
ábrense ó vento
dun mencer alaranxado
e rosa.

Quisera fuxir a outro tempo,
pero non pode,
xa non.
A gorxa calmou o latexar
de pétalos amargos
de rosa.
O corazón sentiu
a perda aberta
como ferida famenta
de gritos afogados,
de valeiro fallado,
de camiñar errado,
de trasteiro esnaquizado,
esquecido,
asulagado.
A súa dóce tolemia
caeu no mar
dunha terra necesitada de vida,
os xeonllos coas ondas
xogaron,
as ás hacia o ceo abriron,
voaron.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 04-12-2009 08:38
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal