Gaivotas eternas


Serán de anxos e corvos
A paisaxe cúbrese de blanco e negro
coas súas sombras escuras
De frío inverno.

A paisaxe chea de corvos e anxos
que me lembran quen fun
a cada paso.

A paisaxe asfixia na alma
a lembranza da morte
que esquecín bendecir.

Cústame camiñar
coma se fose deserto;
cústame comprender
e avanzar.

Síntome coma caranquexo
que camiña hacia atrás:
busco a maxia que vivín,
coa que me sentín agasallada
no seu máxico momento.

¿Meiga… quen… eu?
Camiño entre vivos e mortos,
entre a Terra e o Ceo;
mediadora dos perdidos,
comunicación de anxos
e corvos.

Agasallada coa felicidade sublime,
perdín a conciencia do ser,
mixturei mentira e realidade
e xa non sei qué senso ten,
xa non sei onde están as miñas pegadas
nubladas de folerpas recén nacidas,
recén mortas,
blanquiñas e perdidas.

A conciencia transparente atravesa
espazos descoñecidos
de medo fervente;
voltando atrás todo son laberintos
de vacío e néboa,
¿qué senso ten non saber
quen se é?


Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 03-12-2008 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal