Gaivotas eternas


Detrás túa.
Perdín o rumbo dos pasos
cando escoitei o ritmo dos teus,
aqueles andares acompasados,
aqueles pés cheos de música.

Perdín o rumbo dos pasos
tras de ti marcharon os meus pés,
queimando os dedos coa area,
asulagando os xeonllos co camiño.

Perdín o rumbo dos pasos
de costas á marea,
correndo ós brazos rebosantes
do anxo que sempre espera.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 25-11-2009 23:26
# Ligazón permanente a este artigo
No meu xardín
Hai, no meu xardín,
bágoas e estrelas,
arrecendo de ar do norte,
rosas, margaridas
e maxia inqueda.

Hai, no meu xardín,
arrecendo de gnomos e trasnos,
maxia de fadas invisibles,
cristais rotos
de almas perdidas.

Hai, no xardín,
unha porta de xazmín
en forma de arco
para que as almas perdidas
podan pasar ó outro lado.

Lavanda que canta ós anxos,
arrecendo de romero virxes,
gardenia de mil aromas escuros,
bendita lobelia de venenos agochados.

Hai, entre as flores, volvoretas e abellas
mil torbellinos de aire esmagado,
gotiñas de cantares esquecidos,
morriña da terra que non nos pertence,
amor do desamor amado…
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 22-11-2009 12:40
# Ligazón permanente a este artigo
A alma vendida
Creo que os meus ollos choran cando ninguén máis os ve. Péchanse ó mundo real e desatan a súa tristura en soños... e pesadelos de noite meiga.
Creo que a dor quéimame a pel mentres coido dun corazón que vive esnaquizado.
Pérdome en explicacións de sol derramado.
Brindo con cristais roubados.
Porque vivo nunha tristura tan allea que, zicais, algún día foime prestada sen pedilo.
Creo que a miña faciana se baña en bágoas nas esquinas escuras dos lugares non visitados.
Creo...
porque xa non sinto...
e, perdendo o sentir, tan só me queda a fe.
Un martelo golpea á miña alma en pedazos, facéndome saber que xa non ten senso repara-lo... estropicio. Porque é dor perdida e consentida; burbuxas de amor esnaquizado, sedento dunha escravitude ofrecida, negada, vendida...
Os lectores din... (0) - Categoría: Pedaciños de ialma - Publicado o 16-11-2009 22:56
# Ligazón permanente a este artigo
Avó Manolo
Confúndese o teu ollar
coas ondas melodiosas
da tuba que tocabas...

Confúndese coa paz
que transmitías
coas túas verbas.

Confúndese co mar
das ondas infinitas
da música que eras.

Bótote en falta, avó.
Os lectores din... (0) - Categoría: Pedaciños de ialma - Publicado o 14-11-2009 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
Ogallá
Escápaseme a razón
na calor
dunhas mans abertas
ó abismo do recordo,
do corazón
palpitante de medos.

Oxalá puidera avanzar
sen perde-la compostura;
oxalá me sentise valente
de camiñar sen ve-lo chan.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 06-11-2009 11:44
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal