Gaivotas eternas


Chove en Santiago
Hoxe, tan lonxe do fogar,
hoxe escoito esa canción
tan melancólica e chea de choiva
como a miña terra...

Hoxe "Chove en Santiago"
afíncase nun recuncho do corazón,
lamo cada nota, pecho os ollos
e creo bicar cada dóce melodía
do seu son.

Hoxe chove en Santiago
e se inunda a miña alma
abatida de tristura
e morriña.
Os lectores din... (1) - Categoría: Pedaciños de ialma - Publicado o 21-11-2008 12:54
# Ligazón permanente a este artigo
Ventos de morte
Chega o outono pintado
en cores amarelos, laranxas, marróns;
chega a medio espir,
rápido e fuxitivo
coa súa ialma de ladrón.
Ninguén o espera
nin o bota de menos
nin a noite nin o día
nin a morte nin a esquela.

Chega o outono
coa ialma sosegada
de quen recolle a sembra
e planta a Nada.

Chega vacío coas mans valeiras;
chega fuxindo
do palpitar dunha ialma
agochada nas escaleiras,
xantar de termitas
en madeira podre dun adeus,
un desexaría non terte coñecido;
unha bágoa nunca botada,
un adeus nunca dito.

Marmurio de follas secas baixo os pés,
tremer dos primeiros aires fríos;
mañás laranxas con néboas garimosas,
seráns de lume e castañas;
noites xunto á lareira,
quencendo as mans
entre fío de arañas.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 16-11-2008 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Unha bágoa tatuada
Pedín tatuar unha única bágoa
no recuncho final do ollo
onde, con pequenas espiñas,
déronlle forma a través da pel.

Pedín tatuar unha única bágoa
para lembra-lo dano que non voltarás facer;
o sangue mixturou coa tinta
os desexos de fuxir... de morrer.

Pedín tatuar unha única bágoa
sustituindo ó meu corazón feito trizas,
roto de dor e desesperanza,
magoado, eterno, soñador... sen vida.

Pedín tatuar unha única bágoa
para que marchitase infinita
o pasado que xa non ten senso;
o camiño sen saída,
a estrada morta.

Pedín tatuar unha única bágoa
polo bico que nunca diches,
pola promesa inquebrantable,esquecida,
olvidada,
perdida... asulagada.

Pedín tatuar unha única bágoa
que rompeu a chorar co perfil
da túa silueta oculto na praia;
co sabor a salitre da túa pel
que máis nunca voltará ós meus beizos.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 11-11-2008 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Máis alá do transparente
O meu ollar vaga a través dos cristais
dunha fiestra a medio abrir;
o meu ollar pérdese en liturxias,
mentiras, vaguedades...
o meu ollar apágase a cada paso
dun aire que xa non..
xa non..
quere respirar

Estira-las mans e non acariciar,
ergue-la cabeza para non oír,
abri-los beizos e saberse non bicados,
xamais podería sentir de novo, amar,
xamais querrería aspirar de ti,
de min,
da vida, o que nunca foi
e o que xamais pertenceu,
porque nada somos e nada temos..
e á nada é onde volveremos.
Posuímos aquilo que non nos poden roubar:
a través dos cristales da miña fiestra
comprendo que nin me pertence o meu ollar.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 05-11-2008 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
De sinrazón e escarnio
Sentía a calor subindo pola pel
negra de culpa e maldición;
a bruxa apretou os beizos
aferrando o orgullo ó corazón.

Prometeu ó mesmo diaño non gritar
e non gritou,
mentres a queimaban na fogueira
da inxustiza e da sinrazón.

Case sen folgos, agachou a cabeza,
os presentes sorrían satisfeitos
erguendo coma bárbaros as súas teas...
entón, nun último segundo antes de espirar
abriu as pálpebras, fitounos a todos
e se sentiron enfeitizados e malditos
para sempre xamais.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 05-11-2008 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal