Gaivotas eternas


Terra sobre vento
Caladiña por momentos,
así vai a terra sobre
o vento.

A modiño sen pensar,
corre corre, fuxe
e para sen mirar.

A terra cabalga sobre
o vento
nunha danza
improbable
de estranos sentimentos.

A terra morre na asfixia
da vida sen aire
do mar sen area
da area esnaquizada
por escuros intentos.

Terra sobre vento,
choiva sobre mar,
din as bruxas
que é boa noite
para ouvear.

Choran os piñeiros
botan lume as vasoiras,
fuxen os mouchos
dos meigallos
das súas señoras.

É noite de lobos
e lúa preñada
de sangue e silvas
bañada...

É noite de lobos
e lúa escura
oculta
na insomne mirada.
Os lectores din... (3) - Categoría: Poesía - Publicado o 20-10-2010 16:09
# Ligazón permanente a este artigo
Bótote en falta
Ás veces,
bótote tanto de menos
coma as flores
ó orballo da noite.

Ás veces,
bótote tan en falta
que queima,
que doe.

Ás veces,
sinto un valeiro
vibrando no medio do peito.

Ás veces,
o teu nome
tórnase
amargo dóce
nos meus beizos.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 07-10-2010 08:43
# Ligazón permanente a este artigo
De choiva e vento
Soplan ventos do Norte,
furiosos, invencibles,
arrastrando bágoas de morte;
soplan os ventos do frío,
da lonxanía, da palabra,
soplan na miña mirada,
no cabelo revolto,
trotando coa forza dun cabalo
de músculos fortes.

Soplan ventos do Norte...

Soplan ventos do Norte,
palpita a ialma no peito,
a cada bum, desfaise
un pouco máis a pel
como area no deserto:
bum, temblan brazos e pernas;
bum, núblase a razón,
os sentimentos,
bum, desaparece o corpo;
bum tórnase vento.

Xa non hai corpo nin pel,
tan soio alma,
alma esnaquizada de dor
non sentida,
alma fuxitiva de calquera mirada.

Soplan ventos do Norte
e a miña alma dentro de eles,
desfeita en asubíos
e lembranzas;
no blanco pensamento valeiro,
sopla a miña alma
a través do vento.

Soplan ventos do Norte
e a miña ialma vibra a través
de eles,
flaxelando as árbores do bosque.

Soplan ventos do Norte
coa miña inexistencia oculta,
cada vez, máis inexistente,
máis valeira, máis Nada.

Soplan ventos do Norte
arrincándolle a roupa a choiva,
bulindo rápido ó monte,
bicando o mar,
levantando polas, pedras, area,
golpeando cristais,
asubiando lonxe das mareas.

Soplan ventos do Norte
en espeso marmurio
de lúa chea;
soplan ventos do Norte
con furia e tristeza,
¡non! tristura,
¡non! tristeza,
bule ti con eles,
desfai a túa ialma,
palpita a túa beleza.

Soplan ventos do Norte.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 04-10-2010 12:07
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal