Gaivotas eternas


Sentín
Sentín o teu ollar perdido

na pel das miñas mans;

escoitei o teu latexar

blanco e vivo,

forte, inquedo,

morno,

frío…

no ventre de volvoretas

escorrentadas ó sol,

preñadas de mar.


Olín o arrecendo do teu amor

novo, apaixoado

e brincadeiro.

Intentei acaricialo coas mans,

mais fuxiu coa choiva

do sutil desexo.


Por máis que camiño,

ti sempre vas un paso adiante,

erguido, valente, sorrindo

e quero xogar ó teu xogo,

pero a túa voz faime perde-la razón.

Cando me acaricias

eu xa estou no vento prohibido

das tardes mornas de outono

xunto á lareira,

esperando polo seguinte paso

de amor sen engano.

E pecho os ollos

por medo ó sono,

dime que es realidade,

que estás ó meu carón,

que non soltara-la miña man

espida de bicos e escuridades.

Dime que seguirás aquí mañá

cando a luz volte á fiestra

do noso cuarto,

onde o teu ollar descansará

xunto a miña pel estremecida

de medo, paixón e inquedanza.

Dime...
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 17-01-2010 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe
Hoxe, un día máis para calquera, menos para o que sofre, menos para quen se sinte perdido. Hoxe decidín facer unha pausa no traballo para encender unha vela, a vela da oración por todos aqueles para os que, hoxe, non é un día máis. Para os que perderon ós seus familiares ou amigos, ós seus seres amados, e para aqueles que se sinten perdidos ó outro lado. Qué os anxos iluminen o paso de ámbolos: a cadaquen o seu camiño, a cadaquen o aleteo dun anxo.
Unha oración de Luz, Paz e Forza para cada unha desas persoas que, hoxe, máis que nunca o necesitan.
Deus os bendiga.
Amén.
Os lectores din... (0) - Categoría: Pedaciños de ialma - Publicado o 16-01-2010 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal