Gaivotas eternas


Revivindo
Exhalación de intranquilidade inaudita, atropela a fogueira dos teus bicos; circula coma vento da morte ó redor de pedras incandescentes, lamendo as notas musicais dun fráxil ser.

Dous membros, dúas persoas cubertas pola sombra dunha árbore xigantesca, de flores e follas cuberta. Tantea algún momvemento, elixe ben os teus xogos, rompe os meus pesadelos. Sei que aínda se pode ser feliz. Nembargantes, a busca dunha destrucción retórica apaixoa máis. Non é tan doado vestirse de negro e desexa-la morte, ¡busquémo-la con cores alegres!

¿Recoñéce-lo meu nome? Axudei ás flores a crecer entre cinzas, escombros recuperados de camiños empedrados, musgo, líquenes e fiunchos, e as espiñas da razón rozando beizos perdidos que non queren recuperarte. Imos limpa-las túas feridas, a curalas con barro e sementes.

Agasallareite cun ramo de rosas. Despois, déixame.
Paraíso escondido ós demais dentro de cidades desertas, con xentes que veñen e marchan, rexidas por normas que se propoñen e non se queren cumplir.

Coma di o vello poeta "ámame cando máis te odie porque será cando máis te necesite".
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 11-07-2010 10:09
# Ligazón permanente a este artigo
Sen senso
De seguro non ten senso
camiñar e deixarse bicar
pola lúa...
polo vento...

De seguro non ten senso
andar afastada do mundo...
ou igual foi o mundo
quen me afastou.

De seguro non ten senso
querer vivir sentido o mar,
a area de salgado agarimo,
fuxitivos de xogos e medo.

De seguro non ten senso
fuxir e seguir fuxindo
cando os pés son raíces esgotadas,
cando o corpo pide parar
e silencio.

De seguro non ten senso
amar sen ser amada,
correr sen pernas,
crer na existencia da morte
e do vento.

De seguro non ten senso,
non, non ten senso.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 10-06-2010 15:04
# Ligazón permanente a este artigo
Valeiro
Cansa o valeiro morno
da doente espiña
cravada no lomo.

Cansa pensar no corazón
amargo
que, de tanto chorar,
fuxe do vento estrano,
enrruga o martir manto
de escura beleza durmida.

Cansa sentir que a tristeza
perdura
aínda cando xa non está
e sintes que necesitas sentila.

Cansa o valeiro
dun corazón afastado
de felicidade incompleta
de amor enganado.
Os lectores din... (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 19-05-2010 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Camiño á Lúa
Atravesando a espesura
espero atoparte ó final
na túa beleza roubada,
mecido no colo da lúa.

Atravesando montes e rastroxos,
toxos de queima ardente,
fogueiras de san Xoán;
desexo toparte na lúa,
nas lembranzas das noites
escuras.

Atravesando mares, desertos,
queimando os pés no xeo,
bicando as escamas das serpes,
desexo toparte entres espiñas
das silveiras mornas
de miradas ardentes.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 14-05-2010 10:31
# Ligazón permanente a este artigo
Eterna tristura
Tristura amarga
que arranca feridas da gorxa,
que queima as entrañas.

Tristura allea
que arrecende a mel e limón,
a cabeza valeira de pensares.

Tristura infinita
durarás os cen anos da tormenta,
fuxirás cando me afaga a ti.

Tristura, amada tristura
que valeira estaría a vida
sen ti ó meu carón.

E as bágoas tórnanse ácidas,
firen a pel das meixelas,
arañan o corazón,
queiman as entrañas…
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 10-03-2010 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Gritar
Gritar, chillar, chorar.
Esnaquiza-la gorxa
mentres berro.

Suspirar, espirar, morrer.
Finxir que nada pasa
mentres vivo.

Agonizar, gritar, toulear.
Sentir que o cansanzo
se fan un no mesmo corpo.

Ata-la alma ó imposible.
Serra-lo corazón de madeira podre.
Araña-lo corpo con vidros romos...

e
gritar,
gritar,
¡¡gritar!!
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 18-02-2010 22:02
# Ligazón permanente a este artigo
Con bágoas de sangue
Enxaguáche-las miñas bágoas
no sinfín das estrelas,
onde a paisaxe ondea
velas de barcos atrapados.

Vivíche-la miña alma
na vida eterna,
onde as flores do aire
cambiaron á terra.

Sentíche-la miña dor
de corazón con espiñas,
entre silvas e disfraces
de rumores mornos
sen vida.

Loitáche-las miñas armas
nunha guerra perdida,
que non pediches,
que non quixeches,
que se te veu enriba.

Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 01-02-2010 09:46
# Ligazón permanente a este artigo
Sentín
Sentín o teu ollar perdido

na pel das miñas mans;

escoitei o teu latexar

blanco e vivo,

forte, inquedo,

morno,

frío…

no ventre de volvoretas

escorrentadas ó sol,

preñadas de mar.


Olín o arrecendo do teu amor

novo, apaixoado

e brincadeiro.

Intentei acaricialo coas mans,

mais fuxiu coa choiva

do sutil desexo.


Por máis que camiño,

ti sempre vas un paso adiante,

erguido, valente, sorrindo

e quero xogar ó teu xogo,

pero a túa voz faime perde-la razón.

Cando me acaricias

eu xa estou no vento prohibido

das tardes mornas de outono

xunto á lareira,

esperando polo seguinte paso

de amor sen engano.

E pecho os ollos

por medo ó sono,

dime que es realidade,

que estás ó meu carón,

que non soltara-la miña man

espida de bicos e escuridades.

Dime que seguirás aquí mañá

cando a luz volte á fiestra

do noso cuarto,

onde o teu ollar descansará

xunto a miña pel estremecida

de medo, paixón e inquedanza.

Dime...
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 17-01-2010 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Hoxe
Hoxe, un día máis para calquera, menos para o que sofre, menos para quen se sinte perdido. Hoxe decidín facer unha pausa no traballo para encender unha vela, a vela da oración por todos aqueles para os que, hoxe, non é un día máis. Para os que perderon ós seus familiares ou amigos, ós seus seres amados, e para aqueles que se sinten perdidos ó outro lado. Qué os anxos iluminen o paso de ámbolos: a cadaquen o seu camiño, a cadaquen o aleteo dun anxo.
Unha oración de Luz, Paz e Forza para cada unha desas persoas que, hoxe, máis que nunca o necesitan.
Deus os bendiga.
Amén.
Os lectores din... (0) - Categoría: Pedaciños de ialma - Publicado o 16-01-2010 10:07
# Ligazón permanente a este artigo
Xa o corazón non pode chorar máis
Xa o corazón non pode chorar máis;
xa as bágoas pasaron do cristal
ó xeo
e se desfán no teu lembrar.

Xa a vida se fai sen ti…
e custa, custa pensar
que pronto
esquecerás aquilo que devezo
por non perderes
e que xa hai tempo que non está.

Xa a alma se fai ó sentir
de que son eu
a que non sabe facerte feliz.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 28-12-2009 18:16
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal