Gaivotas eternas


Miña Nai
Miña nai, voz fermosa,
tímida, sabia, inesquecible,
pel blanca,
lamida por experiencias
dorosas;
mans suaves para dar agarimo,
fortes para transportar
loitas.

Miña nai, mar eterno
na distancia,
beleza dóce
de dóces arrubíos,
sentir infinito
de infintas melodías,
e acurrucos,
e nanas.

Miña nai, muller única
de únicos ollares,
de pensamentos sinxelos,
de fortes conversas,
de amargos invernos
de dóces primaveras.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 25-02-2011 14:54
# Ligazón permanente a este artigo
Mil pétalos
Rosa de mil pétalos,
acariciando as túas espiñas
un sinte a dor estrana
do amor roubado á vida.

Bicando o teu vermello
dóce e sanguinario,
un sinte o paso do tempo,
vello, canso... afogado.

Contemplando a túa fermosura,
vóltase necesario o cansanzo
de noites roubadas ó sono,
de ollos de escuro naufraxio.

Rosa de mil pétalos,
fantasía escura
de escuros segredos.

Bicos a escondidas
na nave do espazo,
no espazo do tempo...
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 24-02-2011 19:59
# Ligazón permanente a este artigo
Marmurios de Vida
Atopeite acostada na beira,
lamida pola escuma...
cabelo alborotado
de néboa eterna,
a túa faciana rodeada
de frío e area;
o cabelo alborotado,
nas costas, na cintura,
perfilando a túa beleza.

Recollinte con agarimo,
apretándote contra min,
xa non quedaban suspiros,
tan soio o teu arrecendo
de flor de inverno
arrincada sen sentido.

Biquei as túas pálpebras
de dóce serea,
limpando de area
o teu ollar cristaíño.

Non había aire nos teus pulmóns,
descubriu inqueda a miña alma;
as verbas atándose na gorxa,
susurrábanche o moito que te amaba,
tropezando coa túa sombra,
os pés ó teu mundo se ataban,
seguindo o teu camiño,
os meus beizos
arrincábanlle un bico
á túa boca,
mentres entre marmurios susurraba:
princesa, raíña, a miña xoia.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 22-02-2011 23:16
# Ligazón permanente a este artigo
Nesta terra
Demasiado tempo sen vir,
quito os zapatos en medio do campo,
sumerxo os pés no barro,
sinto o frío da terra...
ese frío case morno,
que parece recolle-lo corpo,
envolverte, acariciarte,
subirte no colo.

Camiño cos pés descalzos,
aspiro o arrecendo do sol
de inverno,
coas súas luces e sombras
xogando co vento.

Quero quedar nesta terra,
onde os viñedos abafan
co peso das uvas;
deixando fuxir
o seu zumo dóce
ata enche-lo narís.

Quero quedar nesta terra,
coa súas pinceladas de cores;
dos laranxas e rosas
sobre salitre no horizonte
ata os amarelos e verdes
do nacemento do día no monte.

Quero quedar nesta terra,
cos seus aromas,
cos sonidos melódicos
de gaitas e panderetas;
as voces das mulleres do pobo
engaiolando o aire
como sirenas.

Quero quedar nesta terra,
coa maxia antiga
tatuada nos seus bosques,
entre as pedras da praia,
en cada río, en cada fonte,
coas súas choivas eternas...
co seu vento soplando forte.

Quero quedar nesta terra,
cos seus campos labrados
por mans fortes e decididas,
cos dedos maltratados
e retorcidos
de incansable traballo,
de corazóns sanos e sabios.

Quero quedar nesta terra
de mariñeiros, labregos,
gandeiros... músicos
e festeiros;
ó redor das fogueiras na praia,
baixo o augardente nos ríos,
co son metálico dos barcos
no peirao; as luces dos faros,
as illas eternas,
os bicos das gaivotas,
o sal, o fogar, a casa.

Quero quedar nesta terra,
quero quedar nesta terra...
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 21-02-2011 11:56
# Ligazón permanente a este artigo
Luz de néboa
Aquela noite suspirou
luz de néboa
fría e suplicante,
incestuosa e eterna,
queimando na alma
do bosque.

O marmurio das follas
ó cair
espertaron á sinrazón
de saberse esperta,
querendo durmir
e fuxir así
dos pesadelos
anclados nunha realidade
espida;
e bulir... así
a cabalo do vento,
do ruxir dun xa
non desexado tempo,
atrás pechado nun onte
tan lonxano
que parece incerto,
coma se no seu día
formase parte
dun mal soño, dun pesadelo.

A sinrazón fuxiu
a un máxico presente,
agochando sentimentos
na caixa
que nunca debeu abrir.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 18-02-2011 10:33
# Ligazón permanente a este artigo
Namorada
Namorada dos carreiros
que a lúa vai deixando,
espertos na noite,
a dóce beira acariciando
das palabras sen nome.

Devolve o seu ollar
brillante e enfeitizado,
deixando atrás
rastros de estrelas
e area blanca... deixando...

A lúa tamén namorada
da terra enchida
e preñada
de verdes árbores
e bosques eternos,
do vento na escuridade
espida da noite.

Namorada dos ríos
e os verdes prados,
namorada do teu riso
oculto na mirada
de montes e outeiros.

Namorada, esquecida,
perdida e tola...
lembrando o pasado
do presente vivido,
no ollar dun futuro,
un futuro esquecido.

Namorada.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 16-02-2011 12:08
# Ligazón permanente a este artigo
Valeira
Deixáchesme valeira
por dentro,
espida...
tremendo.

Deixáchesme tirada
co corazón esmagado,
deserto...
esnaquizado.

Fixen a idea
de non voltar a verte,
de perderte de vista,
de comezar
unha nova vida.

E, agora, apareces,
tanto tempo despois,
inerte, sorrinte,
marioneta rota
de ilusións mortas.

E eu non sei qué facer
con este corazón roto,
con este valeiro
esnaquizado,
coa túa volta
fría e inexistente...
non sei se seguir ó teu carón
ou fuxir do teu lado,
rompe-la suave liña
da túa pel pegada
sen querer á miña.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 15-02-2011 20:42
# Ligazón permanente a este artigo
E perdín
E perdín,
perdín as ganas,
o sentir do corazón,
a forza da ialma.

Perdino todo por seguirte,
camiñando sen rumbo,
acariciando un soño
que non era real.

E perdín,
perdín a forza de esprito,
quedei sen folgos
ó bica-lo luar da mañanciña,
ó abri-los ollos
e espertares no cumio
dos afogados.

E perdín,
perdín as bágoas
nalgún lugar do camiño;
secouse o meu ollar,
marchitouse a miña ialma,
esqueceu o sentir
onde quedaba o seu fogar.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 09-02-2011 10:43
# Ligazón permanente a este artigo
Tempo detido
Ás veces, é coma tempo detido,
é coma se as horas, os días,
os meses,
se detiveran nun espacio perdido,
alá onde rematou a túa vida,
alá onde díche-lo último
marmurio, o derradeiro suspiro.

Ás veces, é coma se aínda fose
onte,
cando apagáche-lo teu ollar mariñeiro
azul de mar, alento salgado,
de escuma areosa
dócemente salpicado.

Ás veces... só ás veces,
cando preguntan,
non sei en que día vivo,
parés que hai unha hora
que a miña alma
depositou na túa un bico.

Ás veces... só ás veces...
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 05-02-2011 11:51
# Ligazón permanente a este artigo
Escribire
Escribo porque, un día,
a Musa dixo
"quero que fales de min"
e se engaiolou con disfraces,
vestimentas de estrelas,
verbas fermosas, dóces,
febles, mornas,
estúpidas e brincadeiras.

Escribo porque, nalgún momento,
fixeime nela,
non lembro cando,
só sei que aconteceu
e a miña alma voltouse
prisioeira de verbas.

Verbas, palabras, sentimentos,
emocións e luxuria,
coma nun labirinto de amor,
atrapada polos remuíños da beira,
tumbada na area da blanca Galiza.

Escribo porque non sei facelo doutra forma,
son torpe ó falar,
ó pensar,
ó sentir,
pero me sinto libre cando escribo
e acaricio as verbas
con profundo agarimo.

Escribo porque creo que a lingua
é o máis fermoso meigallo
con que a vida, un día,
decidiu agasallarnos.

Escribo porque si...
e porque non...
escribo coa alma,
coa vida,
coa sinrazón, a desesperanza,
a paixón
e a tinta coa que os artistas
pintan os soños,
descúbrenos segredos,
comparten ilusións.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 02-02-2011 09:58
# Ligazón permanente a este artigo
[1] ... [3] [4] [5] 6 [7] [8] [9] ... [12]
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal