Gaivotas eternas


Medo

Un día o ignoras
e, ó día seguinte,
asoma ó teu carón
cun riso de paiaso
de pelí mala de terror.

Un día cres te-lo esquecido
e, ó seguinte, diche que non,
que el segue namorado de ti,
que persegue o teu latexar
o teu incómodo durmir.

Non se trata de perder
nin de gañar,
trátase do seu abrazo invisible
inesperado.

O medo é incerto,
un ladrón malvado,
que rouba os soños,
aliméntase da inseguridade,
fai remuíños de plástico
na gorxa das víctimas
que gritan por liberdade.

Loitar contra el é seguir camiñando,
mante-la frente erguida,
mira-lo que se ten diante,
sorrir inda con bágoas
e non desfalecer
ante os seus bicos infames.

Loitar contra el
é comprende-la imperfección da vida,
a nosa necesidade de crecer
a través de malos momentos
e historias suaves.

É continuar a pesares de todo,
é ve-la luz do mencer
e saber...
saber que un novo día comeza,
cos seus grises e as súas cores,
que a choiva tamén e necesaria
para que brote con furia a natureza.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 29-11-2011 11:03
# Ligazón permanente a este artigo
Mar, salgado mar
Mar, salgado mar
que bates con forza
contra as costas galegas;
ruxes coa furia da alma,
lames coa sutil firmeza
do amor desfeito
na costa, na beira...
enterrado na area.

Mar, salgado mar
de cor imposible,
de místico camiñar.
Ti, orgulloso e grande,
chegas coa túa cabeleira
desbocada,
tal cal cabalo sen xinete,
salvaxe, rápido...
transparente;
chegas co bravío da luz
fogosa e escura
das eternas gaivotas
e ximes namorado,
arrullado polo marmurio
da area
baixo os teus brazos.

Oh, mar, salgado mar,
furioso e vivo,
alegre e furtivo,
non deixes de visita-las nosas costas
co teu arrubio de escuma blanca
e presurosa;
cos teus sons de beleza
arrolladora.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 22-11-2011 13:21
# Ligazón permanente a este artigo
Verbas
É a palabra dentro da palabra;
amo a vida porque desexo a morte,
fuxo á escuridade
porque a luz me apaixoa...

Son verbas dentro das verbas,
irrealidades escuras
de divina inseguridade,
paixóns eternas
de infinitos universos.

Quero a morte porque desexo a vida,
fuxo á luz
porque comprendo a escuridade.

Torbellino de verbas asulagadas,
afogadas e inquedas...
é a palabra dentro da verba,
a verba tinxida de amor á palabra.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 20-11-2011 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de insomnio
Noites de insomnio,
insomnes noites,
de tumbos por ningures,
de ollos morados e violetas;
noites perdidas,
noites poéticas,
noites esgotadoras
de cansanzo infinito
e escuras choivas eternas.

Tormentas na ialma,
tronos relampagueiros
queimando a pel dos músculos,
agarrotando a gorxa
agora seca.

E mil pesadelos
percorrendo as pálpebras
cando aínda están abertas.

Noites de insomnio,
insomnes noites,
esgotadoras,
perdidas,
e nada, nada poéticas.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 04-11-2011 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Envellecer xuntos
Non podía durmir
esta noite.
Esta noite,
xunto a ti,
sentindo o teu alento,
desvanecéndose as nosas ialmas
no mundo dos soños,
máis aló do corazón
do barullo de mil pensamentos;
esta noite, digo
xunto a ti
non podía máis que pensar
que quixera o mundo así,
para envellecer xuntos,
falar, rir, cantar,
soñar e durmir.
Coñecerte un pouco máis,
só un pouquiño;
percorre-la estrada
do verbo amar,
senti-la esperanza
da vida nos dous;
do latexar creado
entre ti e min,
a partires do noso amor.
Esta noite souben,vida,
que non quería outra existencia
máis aquela que a noite
nos ofrece durmidos, abrazados,
felices de estar xuntos,
vivindo coma namorados.
Os lectores din... (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 29-09-2011 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Ledicia
Engúrra-lo narís
cos ollos brincadeiros,
amósa-los dentes blancos
e, pícaro, ris e ris.

Cantas cancións sen senso
e volves a rir
facéndome lembrar, fillo,
o moito que amo
cando a ledicia do teu narís
fai cóxegas no meu corazón
engurrado.
Os lectores din... (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 09-08-2011 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Doente Dor
Dóeme Dor
coa doente tolemia
dunha voz embaucadora.

Dóeme Dor
a traveso dos espellos
que a noite reflexa
no cumio do ceo.

Dóeme Dor durminte
e volta ferinte
o pensar alleo
que non lembro pensar.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 17-07-2011 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Azul
Píntase en azul
ó arrancar un bico
das ondas,
transfórmase en eterno
o infinito transparente
da vida;
desfaise a morte
na gadaña azul do
mar translúcido,
e vóltase fermosa
a beleza inqueda
da deusa do ceo.
Os lectores din... (0) - Categoría: Pedaciños de ialma - Publicado o 14-07-2011 17:41
# Ligazón permanente a este artigo
Gaivota
Voas ata o infinito
da ialma dos infelices,
abres ás blancas
de puntas grises.

Búsca-la supervivencia,
destacas no azul do ceo,
do mar,
de Galicia.

Fermosa pomba
de chillido imposible,
percorres mar eternos
por quedar sempre
onda a casa,
no fogar dos míseros,
nos acantilados dos tristes.
Os lectores din... (0) - Categoría: Pedaciños de ialma - Publicado o 13-07-2011 09:15
# Ligazón permanente a este artigo
Ventre de vida e morte
- ¿Que se sinte ó leva-la morte
ancorada nas entrañas?-

- Nada.-

- ¿Como que nada?-

- Pois, nada coma o valeiro
do infinito nos ollos do vento;
nada como a dor intensa
das noites arremuiñadas
ó carón do tempo;
nada como a nada do Universo,
nada como ó caer mentres corres,
nada coma o fío do vértigo;
nada coma a vida,
nada coma a morte,
nada coma o nacemento
queimado coa sangue
da nai que non soubo amar
ó bebé que levaba dentro.

-É ese nada un nada dooroso...-

-Nin o imaxinas, amigo, nin podes imaxinalo.-
Os lectores din... (2) - Categoría: Pedaciños de ialma - Publicado o 25-05-2011 13:53
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal