Gaivotas eternas


Máis alá do transparente
O meu ollar vaga a través dos cristais
dunha fiestra a medio abrir;
o meu ollar pérdese en liturxias,
mentiras, vaguedades...
o meu ollar apágase a cada paso
dun aire que xa non..
xa non..
quere respirar

Estira-las mans e non acariciar,
ergue-la cabeza para non oír,
abri-los beizos e saberse non bicados,
xamais podería sentir de novo, amar,
xamais querrería aspirar de ti,
de min,
da vida, o que nunca foi
e o que xamais pertenceu,
porque nada somos e nada temos..
e á nada é onde volveremos.
Posuímos aquilo que non nos poden roubar:
a través dos cristales da miña fiestra
comprendo que nin me pertence o meu ollar.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 05-11-2008 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
De sinrazón e escarnio
Sentía a calor subindo pola pel
negra de culpa e maldición;
a bruxa apretou os beizos
aferrando o orgullo ó corazón.

Prometeu ó mesmo diaño non gritar
e non gritou,
mentres a queimaban na fogueira
da inxustiza e da sinrazón.

Case sen folgos, agachou a cabeza,
os presentes sorrían satisfeitos
erguendo coma bárbaros as súas teas...
entón, nun último segundo antes de espirar
abriu as pálpebras, fitounos a todos
e se sentiron enfeitizados e malditos
para sempre xamais.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 05-11-2008 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Voando coas gaivotas
Desexaría escribir
ata facer sangue na pel
dos dedos;
desexaría fuxir
de infamias, maldicións
e medos;
desexaría gritar
á escuridade da noite
dos infernos;
busca-la tranquilidade
nas palabras, nas verbas
e nos versos;
acouga-lo corazón
de inxurias, desacougos
e invernos.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 13-10-2008 08:05
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal