Gaivotas eternas


Serán
Serán de arrumbio e tranquilidade,
as mans do vello Manuel
texen os vimbios á mañanciña roubados;
os ollos azuis confúndense co ceo...
serán tranquilo, morno
a carón do avó sempre eterno.

O calorciño sobe polas meixelas,
agardamos á sombra dos viñedos
e do arrecendo próximo
da mar serena,
mentres o avó texe e texe
cos dedos expertos e tortos
por anos de traballo e experiencias.

Avanza a modiño o serán
entre sombras e luces claras,
coa calor nas meixelas,
a súor nas costas
e o dóce sabor do texido
construido sobre lembranzas novas.
Os lectores din... (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 27-04-2011 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Mentres tomamos café, penso...
1 Canto se pode aprender dos avós e das avoas nas #blgtk08#tardiñas quedas, que van pechado a luz amodiño!
Opinou A nena do paraugas (02-05-2011 07:28)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal