Gaivotas eternas


Caer
Unha vez máis,
este escozor na comisura dos ollos,
esta agonía na metade da gorxa
e o desamor,
a incertidumbre,
a sinrazón e a angustia...

Unha vez máis,
escápasenme suspiros da ialma,
mixtúranse sensacións inabarcables,
afúndome na miseria dunha tristura
hoxe, xa eterna...

Unha vez máis,
chorar, só quero chorar no silencio,
tan só quero gritar onde ninguén escoite,
queima-los beizos coas bágoas
e volver a ti cun sorriso...
entón preguntarás ¿que tes?
e eu responderei nada, non pasa nada.
Os lectores din... (4) - Categoría: Poesía - Publicado o 20-04-2011 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Mentres tomamos café, penso...
1 Deixarse caír... pero coa ansia de volverse erguer, coa seguridade #blgtk08#de que pouco a pouco se vai remontar o voo!

Un saúdo
Opinou A nena do paraugas (21-04-2011 07:39)
2 Apertas!#blgtk08#
Opinou Gaivota (21-04-2011 18:06)
3 as veces un erguese, outras deixaste erguer pero as mais#blgtk08# delas sinxelamente segues tirado e vaite levando a vida
Opinou bolboreta (21-04-2011 22:33)
4 Uf, non sabería dicirche, pero deixarse lev#blgtk08#ar creo que non, que non é a mellor opción.
Opinou Gaivota (22-04-2011 18:39)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal