Gaivotas eternas


Nalgún momento
Nalgún momento
convertiuse en desesperación,
o corpo voltouse agonía
e dor de mil fogueiras
esnaquizando a razón.

Nalgún intre,
vestiuse de desolación,
de espanto inerte,
de follas roubadas ó inverno,
de promesas baixo o sol.

Nalgún momento,
a morte petando á porta
paseniño ó seu son,
de quen ven sen avisar
e marcha tal cal chegou.

Nalgún intre,
desexada e experta,
abre a súa túnica con paixón,
e pode sumerxirse na súa infinita
realidade de gadaña
e destrucción.

Nalgún momento,
un intre máis,
un intre menos,
chama ou non avisa
e barre coa súa voz
de treboado vento
a tranquilidade das vidas
agora xa perdidas.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 11-04-2011 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Mentres tomamos café, penso...
1 No momento máis inesperado, si, aparece e barre con todo.
#blgtk08#
Ten música este poema! Gústame!

Un saúdo.
Opinou A nena do paraugas (13-04-2011 07:51)
2 Graciñas, ne#blgtk08#na.
Opinou Gaivota (13-04-2011 22:09)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal