Gaivotas eternas


Faro
Luz que alumeas ó infinito,
que mixturas abrazos
con escuridade eterna,
ogallá puidese perde-la miña alma
a través dos teus ollos furtivos
e voar sobre os océanos
imperecedeiros, malditos...

E voar a través dos mares,
lonxe, ben lonxe,
querido faro,
onde teus abrazos de luz
fan parede trémula
coa escuridade
fría e deserta,
ás veces, vestida de lúa,
outras, disfrazada de estrelas.

Ai, luz que alumeas ó infinito,
que o corazón descanse
na eternidade de vida esperta,
morna, quencida, queda...

Ai, luz que alumeas ó infinito
di, coa túa seguridade incerta,
¿por onde vai o barquiño
daquel amore afundido
en terra?;
¿podes ver, dende a túa illa,
ó mariñeiro perdido
que, un día, roubou mentiras
e traficou con soños,
sentimentos e vidas alleas?

Ai, faro dos mil mares,
dende o teu cristal
quisera divisar outras terras,
campos peiteados con agarimo,
persoas bendecidas do planeta,
as costas, as paisaxes,
outros países, desertos e selvas.

Ai, faro, meu faro,
luz que alumeas á eternidade
de países lonxanos,
de soños en azul e verde,
de pesadelos alumbrados
en fría oscuridade.

Ai, faro, meu faro,
segue alumeando,
vibra co canto das sereas.
Os lectores din... (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 04-04-2011 16:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Mentres tomamos café, penso...
1 Que seriamos a diario sen a luz dun faro que nos alumease e nos guiase por estes vieiro#blgtk08#s da vida?
Canto se botan de menos cando non os temos!

Un saúdo.
Opinou A nena do paraugas (05-04-2011 07:15)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal