Gaivotas eternas


Orballo
Cúbrese a noite con gotiñas,
vístese de frío orballo,
lame na praia as cunchiñas,
suspira inquedo, namorado.

Vóltase néboa de luz
ou luz de néboa
baixo as farolas a rúa,
esquece a escuridade,
suspira e marmuria.

Pinguiñas de emoción
desvanecida,
perdida no tempo lonxano
das lembranzas
en plena fuxida.

Vístese a alma co orballo,
pintando sorrisos húmidos
nos ollos cansos.
Os lectores din... (3) - Categoría: Poesía - Publicado o 26-03-2011 22:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
3 Mentres tomamos café, penso...
1 Veño de ler seguido todo o que tiña pendiente. E ten música. E ritmo. E #blgtk08#sentimento. Unha combinación perfecta.

Parabéns! E bicos.
Opinou A nena do paraugas (28-03-2011 07:38)
2 ... grazas, m#blgtk08#oitas grazas.
Opinou Gaivota (28-03-2011 10:44)
3 que b#blgtk08#onito
Opinou entrenamiento personal (13-07-2011 22:41)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal