Gaivotas eternas


Soñaba
Soñaba que viaxaba
a través de nubes grises,
que voaba
con ás roubadas;
soñaba que te necesitaba
e perdía a miña identidade,
desfacéndose a alma
na cova das mentiras
e a irrealidade.

Soñaba que a vida era soño
e non facía por vivila
realmente;
soñaba co que debería ser,
co que non daba pasado,
fuxindo nas ensoñacións
a unha mentira ben labrada.

Asulagada pola propia fantasía,
abrín os brazos ó ceo,
sendo consciente de pisa-lo chan
ben lonxe do inferno
e gritei pola miña liberdade,
non soñada,
pero sí desexada,
necesitada.

Gritei ata que a gorxa esnaquizada
só podía rir
en marmurios de prata.
Libre, á fin,
libre, ceibe,
ceibe das cadeas da miña propia mente!
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 21-03-2011 10:17
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal