Gaivotas eternas


Voltar ó pesadelo perdido
É coma voltar a soñar co mesmo,
co que nunca foi, co que nunca será,
é coma un remuíños sobre a alma,
é coma unha bofetada fóra de tempo,
sen senso, nas costas, na boca,
na sinrazón rexeitada.

É coma chegar fóra de horario,
é coma sentir que xa non é,
é coma mirar no espello
e non verse,
é coma...
é coma...
é coma perderse
nos versos dun poema inacabado.

E sentir, outra vez, sentir
unha vez máis que xa non son nada,
porque nunca fun, porque nunca serei,
xa non son...
Os lectores din... (5) - Categoría: Poesía - Publicado o 17-03-2011 16:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
5 Mentres tomamos café, penso...
1 Sempre se é. Todo sempre é, aínda que puidese non ter sido. E aínda que se sinta non ser...
E a pesar de non ser, sempr#blgtk08#e se é.

Digamos que se sentimos non ser, xa somos.

Non se entende, verdade?

Bicos
Opinou A nena do paraugas (18-03-2011 08:31)
2 Si, si se entende. É coma cando un ten a sensación de non facer nada e, nese non f#blgtk08#acer, xa está facendo en realidade. Imaxino que o teu enfoque vai por aí, non é ?
Opinou Gaivota (18-03-2011 19:20)
3 Pode ser que sempre se sexa..........pero eu quixera no ser, xa non por mi, por os outros que todos se esqueceran que fun, que estiven e así poder desapar#blgtk08#ecer degradarme coma unha folla do outono pouco pouco. Sen espaventos, sen presas. Esquecida ou ignorada pero sen parte dun ciclo vital.
bolboreta
Opinou (21-03-2011 09:15)
4 Bolboreta, canto tempo sen verte por aquí!

Está máis que demostrado que unha peza, por mínima que sexa, en calquera maquinaria, é necesaria. Da mesma maneira, está demostrado que un reloxio parado dá ben a hora polo menos dúas veces ó día.

E as follas de outono non se desfán simplemente: convírtense en fermosas paisaxes (ás vec#blgtk08#es, eternas nos poemas e pinturas dalgúns autores); en casas para determinados animaliños; manteñen as raíces das árbores e plantas protexidas todo o inverno (o que os mantén vivos e, ó mesmo tempo, alimenta); dan cobixo a pequnos tesouros coma hongos, setas e trufas... en fin, que as follas de outono son tamén importantes e necesarias.
Unha aperta.
Opinou Gaivota (21-03-2011 10:11)
5 é raro que deixe algun comentario..#blgtk08#.pero encantame o teu blog
Opinou bolboreta (22-03-2011 22:19)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal