Gaivotas eternas


Os teus ollos
Teñen os teus ollos
unha ollada perdida
chea de dozura
e templanza;
unha vestimenta
cristaíña
que fai vibra-la
alma.
Teñen os teus ollos
unha profundidade
infinita,
semellan lagoas
africanas
cubertas de espesura
tépeda e húmida.
Teñen os teus ollos
a lembranza
de tempos que sempre
foron cando xa pasaron
e presentes desexados
de mares, ríos,
océanos, lagos;
presentes que desexan
ser recordados,
vivir na vida
dunha gaiola con portas
e como barrotes,
mil abrazos.
Teñen os teus ollos
a invitación malvda
de quedar ó teu lado
e, así, acurrucadiña
ó teu carón,
perdernos na dozura
de seres parte dun
mesmo corazón
con diferentes camiños.
Teñen os teus ollos
o vértigo dos acantilados,
quero afogarme nesas ondas
de grandiosos océanos,
asulagada cos teus bicos,
rendida ós teus beizos.
Teñen os teus ollos
a sabiduría dos tempos,
a aprendizaxe continua
de saberse parte dunha vida
chea de oscuridade,
sumida en sombras
de profunda soedade.
Teñen os teus ollos
a chave escondida
que abre as portas
da miña loucura
e esta sana ledicia.
Teñen os teus ollos
a calor das miñas verbas
cando soña contigo
e grita ós mil ventos:
quérote con loucura
e, nesta tolemia parva,
non imaxinas canto é iso,
canto te quero.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 15-03-2011 11:07
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal