Gaivotas eternas


De pel morena
Devecen as miñas mans
pola túa pel morena,
caen, acarician,
suavemente aman.

Achéganse os meus dedos
á túa boca húmida,
xoga e salta,
pellizcan os teus beizos,
comen da froita prohibida.

Caen os meus beizos
sobre a túa boca durmida,
xoga, busca,
lame,
sinte a paixón aturdida
e, xoga que te xoga,
líase nas sabas frías.

Pérdese o alento
entre suspiros
e marmurios,
fai danzas o vento
no ventre da choiva,
no fuxir da tormenta,
no pracer da maldade
sen arrepentimento.

Os lectores din... (4) - Categoría: Poesía - Publicado o 10-03-2011 14:57
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
4 Mentres tomamos café, penso...
1 E por que arrepentirse? O goce dese momento de xogo é algo impagable.

Invítote a pasear e comentar o meu#blgtk08# outro espazo. Xa me contarás. O teu encántame.

http://desdeagaiola.blogspot.com/

Bicos.
Opinou A nena do paraugas (10-03-2011 15:49)
2 O dos peixes é verídico. En se#blgtk08#rio.

Un saúdo.
Opinou A nena do paraugas (11-03-2011 19:06)
3 O do "arrepentemento" son desas salpicaduras inconscientes do que foi a educación de hai uns anos... como cand#blgtk08#o alguén o trata de "pecado" e cousas así, é parte da picardía de "estámonos a portar mal e non me importa"...
Opinou Gaivota (11-03-2011 21:25)
4 Certa parte do teu relato dos peixes parecíame real, pero a maneira en que des#blgtk08#cribes é con tanta tenrura que, incluso algo así, faise fermoso, case máxico.
Opinou Gaivota (11-03-2011 21:26)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal