Gaivotas eternas


Estrelas
Cando o corazón
fai por escapar,
os soños desaparecen
voltándose pesadelos
de nunca espertar;

cando a respiración
faise esgotadora,
os ollos se pechan
por respiración desgarradora,
os pés deciden fuxir co vento.

Entón, as sombras
convírtense en noite,
o ceo cúbrese de estrelas,
o frío faise vida,
a vida deixa de ser inferno.

Entón, somos coma un lazo
que funde os pés na terra
e os ollos iluminan
tal como as estrelas
no universo.

Estrelas de maxia azul,
de blancas sombras no universo,
non quero soños esta noite,
nin cartos nin novo amor
nin pozo dos desexos,
quero a vida para ser vivida,
a ledicia de sentir a pel
respirando consciente
a cada paso,
tan só quero a liberdade
de sentirme viva.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 09-03-2011 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Mentres tomamos café, penso...
1 A liberdade de sentirnos con vida, para volver soñar e para volver vivir, aínda que nos soños se mestur#blgtk08#en tebras e pesadelos... Pero vivir coa ledicia de sentir a liberdade na pel.

Un saúdo.
Opinou A nena do paraugas (10-03-2011 08:34)
2 Sen verbas me deixan#blgtk08# as túas ;)
Opinou Gaivota (10-03-2011 14:39)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal