Gaivotas eternas


Soedade
É a única realidade
gritada con boca pequena:
necesito da soedade,
unha, outra vez,
do seu silencio,
da súa dóce queda.

Necesito da liberdade
de non mirar para reloxios,
calendarios nin sentencias,
necesito estar fóra das normas,
gritar ó silencio,
compoñer baladas sinceiras,
a modiño, a modo,
pasear soa xunto ó mar,
pola beira.

É a única realidade
gritada coa boca pequena
porque non mo permiten
responsabilidades,
nin culpas nin...
xustiza nin maldade.
Necesito do silencio,
da letura, da soidade
sin danar a ninguén,
sin estragar relacións,
sin buscar culpables.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 05-03-2011 13:48
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Mentres tomamos café, penso...
1 Quen non pode gozar (ou non quere) desa momento de soedade, no que todo se #blgtk08#ve de cor diferente, non goza plenamente da vida.

Un saúdo.
Opinou A nena do paraugas (09-03-2011 18:33)
2 Saudiños tamén p#blgtk08#ara ti. Grazas.
Opinou Gaivota (09-03-2011 20:43)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal