Gaivotas eternas


Escápaseme
Caín de xeonllos
nun recunchiño da area,
as mans asulagadas
de escuma, algas
e sereas.

Esnaquicei os miolos,
fuxín á carreira,
gritaba con bágoas nos ollos,
afogábanse na gorxa
as verbas.

Non podo voltar ó mesmo,
outra vez, non podo,
de veras,
non podo seguir correndo
hacia ningures,
hacia quen non pensa.

Encóllese o estómago
nun nó afogante,
estrangula a gorxa
con mans invisibles e perversas,
quero gritar, xa non podo,
quero deixar de correr,
manterme esperta.

Escápaseme entre as mans
as algas, a escuma, a area;
ogallá fose gotas de mar
que bulen por todas partes,
que en ningures quedan.
Os lectores din... (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 04-03-2011 18:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
1 Mentres tomamos café, penso...
1 Sentiento de anguria ese que nos fai sentir como todo fo#blgtk08#xe e bule cara ningunha parte.

Un saúdo.
Opinou A nena do paraugas (09-03-2011 18:31)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal