Gaivotas eternas


Como parte do silencio
Coma o voo dunha gaivota
escapando na lonxanía
da miña escura fiestra,
das plegarias vellas
de mulleres de escura vestimenta;
como a choiva acariciando
os gritos e as envexas,
as tellas das casas,
así podo sentir hoxe…

“Fuxida” retumba entre as paredes
do meu antigo cuarto,
estalido de ilusións perdidas,
¿poderei ir buscalas sobre as ás
desas gaivotas?

A través de nubes grises,
hoxe o vento quedou durmido,
as pólas secas das árbores
xa botan en falta ó seu amigo,
¿pódese saber qué fago en
medio desa fantasía da natureza?
Interrumpi-lo silencio con palabras
inútiles;
suspirar
lentamente e a modiño,
como se cada gota
de alento
fose unha alma valeira
vagando nun espazo descoñecido.

Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 20-09-2010 15:13
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal