Gaivotas eternas


Desexo na alma do transparente
Tan só un desexo do meu corpo á miña alma,
tan só un desexo de que abra as súas ás
e poda saír voando baixo terra,
onde se atope a soedade
vagando polas pedras.

Tan só un desexo da miña alma ó meu corpo,
tan só un desexo de acaricia-lo ceo
e prohibi-los sentimentos e sensacións
que abarcaron gotas de suor e escalofríos,
percorrendo novas nacións.

Tan só un desexo, tan só un desexo
da miña vida á miña desexada morte:
Vida, xa non te quero ó meu carón,
pídelle á túa irmá que me leve lonxe.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 19-09-2010 12:30
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Mentres tomamos café, penso...
1 que facil sería...marchar, sin mais sin im#blgtk08#portar nada nin ninguen....pero non é así
Opinou bolboreta (19-09-2010 15:03)
2 Se fose doado, poderíase facer, ¿non? Zicais a alma non quere plantexarse, non querer s#blgtk08#aber onde turrar; zicais, saber é a dor da culpabilidade...

¿quen sabe?
Opinou Gaivota (01-10-2010 21:50)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal