Gaivotas eternas


Eterna tristura
Tristura amarga
que arranca feridas da gorxa,
que queima as entrañas.

Tristura allea
que arrecende a mel e limón,
a cabeza valeira de pensares.

Tristura infinita
durarás os cen anos da tormenta,
fuxirás cando me afaga a ti.

Tristura, amada tristura
que valeira estaría a vida
sen ti ó meu carón.

E as bágoas tórnanse ácidas,
firen a pel das meixelas,
arañan o corazón,
queiman as entrañas…
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 10-03-2010 15:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Mentres tomamos café, penso...
1 Primeiro queima e baleira. Logo vai facendo un oco en cada día... Pero a carón dela, sempre hai algo polo que debuxar un sorriso#blgtk08# na pel ferida e queimada das meixelas.

Moi acertada descrición dun sentimento.
Parabéns!
Un saúdo.
Opinou A nena do paraugas (10-03-2010 22:16)
2 Son fermosas as túas verbas.

Graciña#blgtk08#s, tamén, polos comentarios.

Saúdos.
Opinou Gaivota (14-05-2010 10:22)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal