Gaivotas eternas


Sentín
Sentín o teu ollar perdido

na pel das miñas mans;

escoitei o teu latexar

blanco e vivo,

forte, inquedo,

morno,

frío…

no ventre de volvoretas

escorrentadas ó sol,

preñadas de mar.


Olín o arrecendo do teu amor

novo, apaixoado

e brincadeiro.

Intentei acaricialo coas mans,

mais fuxiu coa choiva

do sutil desexo.


Por máis que camiño,

ti sempre vas un paso adiante,

erguido, valente, sorrindo

e quero xogar ó teu xogo,

pero a túa voz faime perde-la razón.

Cando me acaricias

eu xa estou no vento prohibido

das tardes mornas de outono

xunto á lareira,

esperando polo seguinte paso

de amor sen engano.

E pecho os ollos

por medo ó sono,

dime que es realidade,

que estás ó meu carón,

que non soltara-la miña man

espida de bicos e escuridades.

Dime que seguirás aquí mañá

cando a luz volte á fiestra

do noso cuarto,

onde o teu ollar descansará

xunto a miña pel estremecida

de medo, paixón e inquedanza.

Dime...
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 17-01-2010 00:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal