Gaivotas eternas


A modiño
Porque hai días que un comeza a camiñar a modiño...
como as pombas do parque,
como a luz do outono...
de vagar,
a modiño.

Porque hai días que un non quere ver atrás
e descubrirte,
queimando os soños,
rompendo recordos roubados.

Porque te convertiches en ladrón da alma,
en tolo agarimo,
en caricia roubada.

Porque hai días que un quere continuar camiñando...
a modiño...
de vagar...
e deixar que os pensamentos se cansen de tan pouco avanzar.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 15-08-2009 10:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal