Gaivotas eternas


Unha bágoa tatuada
Pedín tatuar unha única bágoa
no recuncho final do ollo
onde, con pequenas espiñas,
déronlle forma a través da pel.

Pedín tatuar unha única bágoa
para lembra-lo dano que non voltarás facer;
o sangue mixturou coa tinta
os desexos de fuxir... de morrer.

Pedín tatuar unha única bágoa
sustituindo ó meu corazón feito trizas,
roto de dor e desesperanza,
magoado, eterno, soñador... sen vida.

Pedín tatuar unha única bágoa
para que marchitase infinita
o pasado que xa non ten senso;
o camiño sen saída,
a estrada morta.

Pedín tatuar unha única bágoa
polo bico que nunca diches,
pola promesa inquebrantable,esquecida,
olvidada,
perdida... asulagada.

Pedín tatuar unha única bágoa
que rompeu a chorar co perfil
da túa silueta oculto na praia;
co sabor a salitre da túa pel
que máis nunca voltará ós meus beizos.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 11-11-2008 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal