Gaivotas eternas


Máis alá do transparente
O meu ollar vaga a través dos cristais
dunha fiestra a medio abrir;
o meu ollar pérdese en liturxias,
mentiras, vaguedades...
o meu ollar apágase a cada paso
dun aire que xa non..
xa non..
quere respirar

Estira-las mans e non acariciar,
ergue-la cabeza para non oír,
abri-los beizos e saberse non bicados,
xamais podería sentir de novo, amar,
xamais querrería aspirar de ti,
de min,
da vida, o que nunca foi
e o que xamais pertenceu,
porque nada somos e nada temos..
e á nada é onde volveremos.
Posuímos aquilo que non nos poden roubar:
a través dos cristales da miña fiestra
comprendo que nin me pertence o meu ollar.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 05-11-2008 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Mentres tomamos café, penso...
1 nada nos pertence...nin as palabras...nin os bicos...n#blgtk08#in as ás...
noraboa polo blog...xeniais textos!
Opinou chorandoaocompasdachuvia (08-11-2008 02:50)
2 Gracias pola reflexión e polo halago.
Estou dacordo contigo... #blgtk08#como soen dicir "tan só nos pertence aquilo que non nos poden roubar".
Opinou Ana (09-11-2008 21:49)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal