Gaivotas eternas


Voando coas gaivotas
Desexaría escribir
ata facer sangue na pel
dos dedos;
desexaría fuxir
de infamias, maldicións
e medos;
desexaría gritar
á escuridade da noite
dos infernos;
busca-la tranquilidade
nas palabras, nas verbas
e nos versos;
acouga-lo corazón
de inxurias, desacougos
e invernos.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 13-10-2008 08:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
2 Mentres tomamos café, penso...
1 simplemente voar..e a miña mente divagar..so soñar e nada mais..pechalos ollos e xa esta.Hay veces que se desaparecera quizais a infamia da vida naide me vote en falta.Teño pais,amigos e mozo..pero as vees sintome soa no espacio..soa de vida..s#blgtk08#oa de todo..soa porque sinto q pensa que son unha inculta..a nosa relacion fundese en tempo pero ..o mellor so é e iso..tempo e tempo porque debe pensar q non teño conversa..e a verdade pouca teño.Estou acostumada a estudiar moito..mais nada..
Opinou lana (15-10-2008 19:51)
2 Hola, Lana. Dende que escribiches, levo pensando se respostar ou non. O mellor simplemente deixaches este pensar aquí como poderías deixalo noutro sitio: sen esperar que ninguén te respostase, simplemente dicíndoo porque necesitabas botalo fóra.
Se mo permites, creo que a soedade é o vacío con maior sabiduría que existe. A partir de aí, todo o que tes, amósel#blgtk08#o ou non é grande. Nas relacións cústanos saber qué sinte o outro máis do que sentimos nós. Ás veces, necesitamos perder para apreciar a quen temos ó noso carón e outras somos cegos para ver que o outro se mantén ó noso carón por algo... a rutina rompe moitas relacións: se o que tes coa túa parella é tempo, tempo, tempo, probablemente el é feliz así.
Saúdos.
Opinou Ana (09-11-2008 21:55)
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal