Gaivotas eternas


Cati
Cati, pintaba meu avó
na proa da súa gamela.
Cati...
e en ensoñacións me perdo
como se fose posible...
claro que o foi,
pero xa non o vivín
como agora non o vivo.

Busco a eternidade
na lembranza das túas mans
arañeiras,
enfiando e desenfiando
a tela infinita de seda,
enredando e desenredando
na costura, na cociña e na terra.

Busco a eternidade
no feitizo embruxado
do teu ser loco e duro,
bravío como tantas mulleres do Norte.
Non podías ser doutra forma
e case non puiden entendelo
ata agora...
case...

Son moitos momentos de vida
roubados;
son moitos momentos de vida
coa túa morte levados,
coa túa morte e a miña
desmemoria.

Pecho os ollos
e aparece unha árbore
de secas polas,
mustia e sen follas.
Mais está vella,
pero non está morta;
trepan por ela
flores fermosas,
que lle dan vida
co amor de mans
e voces desgarradoras.

Plantarei esa árbore,
Cati querida,
plantareina por ti e por el;
plantarei esa árbore
e por ela treparán
as lembranzas do bo
que fixestes,
do amor que entregastes;
do tempo vivido;
plantarei esa árbore,
querida avoa,
e se encherá de vida
pola enredadeira de luz
e de anxos
que todo o rodean.
Os lectores din... (0) - Categoría: Pedaciños de ialma - Publicado o 10-09-2012 23:10
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame
Cóntame
Nome:
Mail: (Non aparecerá publicado)
URL: (Debe comezar por http://)
Comentario:
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal