Gaivotas eternas


Deixa
Deixa que esta noite sucumba á tristeza,
á tristura amarga
que vén do máis interno da
ialma.

Deixa que esta noite morra
nos seus beizos
palabras que nunca dixen
e que foron desexadas.

Deixa que esta noite
aprete a amargura,
rompa forte
a loita que aquí dentro continúa
e poda dicir "xa terminou"
por fin
rematou o inferno
da vida non desexada.

Deixa que fuxa co vento
a loucura
amarga
da tristura eterna
da morte afogada.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 15-04-2009 08:36
# Ligazón permanente a este artigo
Xardín de arañas
Familia de arañas,
nós fríos na gorxa;
nós mariñeiros,
corda de angustia
atrapando as palabras.

Labirinto invisible
de tecido experto
labrado por mans novas.
Quero saír e non podo;
queres entrar,
pero xa estás atrapado.

O xardín da casa
é un invisible laberinto
de fíos de tela de araña.
Se gritas, taponan a túa boca;
se falas, abafas,
converten en tristura
o pracer sagrado da túa gorxa.

Labirinto de tela de araña,
xa non hai fin
para o principio da morte
nas túas entrañas.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 17-03-2009 10:58
# Ligazón permanente a este artigo
Es... ti

“Escuridade na gorxa,
muros feitos
de medo e angustia;
suor estrano baixo as sabas;
berce valeiro,
ventre sen neno.

Escuridade n afronte,
cruz e rotura de cadeas
sen fíos;
medo a adentrarse
no camiño.
Lento movemento
suave, a modiño,
perda de realidade
e consciencia.
Perda da vida
na escuridade da fronte,
no vacío da gorxa.”
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 29-01-2009 15:39
# Ligazón permanente a este artigo
Serán de anxos e corvos
A paisaxe cúbrese de blanco e negro
coas súas sombras escuras
De frío inverno.

A paisaxe chea de corvos e anxos
que me lembran quen fun
a cada paso.

A paisaxe asfixia na alma
a lembranza da morte
que esquecín bendecir.

Cústame camiñar
coma se fose deserto;
cústame comprender
e avanzar.

Síntome coma caranquexo
que camiña hacia atrás:
busco a maxia que vivín,
coa que me sentín agasallada
no seu máxico momento.

¿Meiga… quen… eu?
Camiño entre vivos e mortos,
entre a Terra e o Ceo;
mediadora dos perdidos,
comunicación de anxos
e corvos.

Agasallada coa felicidade sublime,
perdín a conciencia do ser,
mixturei mentira e realidade
e xa non sei qué senso ten,
xa non sei onde están as miñas pegadas
nubladas de folerpas recén nacidas,
recén mortas,
blanquiñas e perdidas.

A conciencia transparente atravesa
espazos descoñecidos
de medo fervente;
voltando atrás todo son laberintos
de vacío e néboa,
¿qué senso ten non saber
quen se é?


Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 03-12-2008 17:27
# Ligazón permanente a este artigo
Ventos de morte
Chega o outono pintado
en cores amarelos, laranxas, marróns;
chega a medio espir,
rápido e fuxitivo
coa súa ialma de ladrón.
Ninguén o espera
nin o bota de menos
nin a noite nin o día
nin a morte nin a esquela.

Chega o outono
coa ialma sosegada
de quen recolle a sembra
e planta a Nada.

Chega vacío coas mans valeiras;
chega fuxindo
do palpitar dunha ialma
agochada nas escaleiras,
xantar de termitas
en madeira podre dun adeus,
un desexaría non terte coñecido;
unha bágoa nunca botada,
un adeus nunca dito.

Marmurio de follas secas baixo os pés,
tremer dos primeiros aires fríos;
mañás laranxas con néboas garimosas,
seráns de lume e castañas;
noites xunto á lareira,
quencendo as mans
entre fío de arañas.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 16-11-2008 23:09
# Ligazón permanente a este artigo
Unha bágoa tatuada
Pedín tatuar unha única bágoa
no recuncho final do ollo
onde, con pequenas espiñas,
déronlle forma a través da pel.

Pedín tatuar unha única bágoa
para lembra-lo dano que non voltarás facer;
o sangue mixturou coa tinta
os desexos de fuxir... de morrer.

Pedín tatuar unha única bágoa
sustituindo ó meu corazón feito trizas,
roto de dor e desesperanza,
magoado, eterno, soñador... sen vida.

Pedín tatuar unha única bágoa
para que marchitase infinita
o pasado que xa non ten senso;
o camiño sen saída,
a estrada morta.

Pedín tatuar unha única bágoa
polo bico que nunca diches,
pola promesa inquebrantable,esquecida,
olvidada,
perdida... asulagada.

Pedín tatuar unha única bágoa
que rompeu a chorar co perfil
da túa silueta oculto na praia;
co sabor a salitre da túa pel
que máis nunca voltará ós meus beizos.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 11-11-2008 00:18
# Ligazón permanente a este artigo
Máis alá do transparente
O meu ollar vaga a través dos cristais
dunha fiestra a medio abrir;
o meu ollar pérdese en liturxias,
mentiras, vaguedades...
o meu ollar apágase a cada paso
dun aire que xa non..
xa non..
quere respirar

Estira-las mans e non acariciar,
ergue-la cabeza para non oír,
abri-los beizos e saberse non bicados,
xamais podería sentir de novo, amar,
xamais querrería aspirar de ti,
de min,
da vida, o que nunca foi
e o que xamais pertenceu,
porque nada somos e nada temos..
e á nada é onde volveremos.
Posuímos aquilo que non nos poden roubar:
a través dos cristales da miña fiestra
comprendo que nin me pertence o meu ollar.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 05-11-2008 16:32
# Ligazón permanente a este artigo
De sinrazón e escarnio
Sentía a calor subindo pola pel
negra de culpa e maldición;
a bruxa apretou os beizos
aferrando o orgullo ó corazón.

Prometeu ó mesmo diaño non gritar
e non gritou,
mentres a queimaban na fogueira
da inxustiza e da sinrazón.

Case sen folgos, agachou a cabeza,
os presentes sorrían satisfeitos
erguendo coma bárbaros as súas teas...
entón, nun último segundo antes de espirar
abriu as pálpebras, fitounos a todos
e se sentiron enfeitizados e malditos
para sempre xamais.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 05-11-2008 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Voando coas gaivotas
Desexaría escribir
ata facer sangue na pel
dos dedos;
desexaría fuxir
de infamias, maldicións
e medos;
desexaría gritar
á escuridade da noite
dos infernos;
busca-la tranquilidade
nas palabras, nas verbas
e nos versos;
acouga-lo corazón
de inxurias, desacougos
e invernos.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 13-10-2008 08:05
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal