Gaivotas eternas


Verbas
É a palabra dentro da palabra;
amo a vida porque desexo a morte,
fuxo á escuridade
porque a luz me apaixoa...

Son verbas dentro das verbas,
irrealidades escuras
de divina inseguridade,
paixóns eternas
de infinitos universos.

Quero a morte porque desexo a vida,
fuxo á luz
porque comprendo a escuridade.

Torbellino de verbas asulagadas,
afogadas e inquedas...
é a palabra dentro da verba,
a verba tinxida de amor á palabra.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 20-11-2011 14:43
# Ligazón permanente a este artigo
Noites de insomnio
Noites de insomnio,
insomnes noites,
de tumbos por ningures,
de ollos morados e violetas;
noites perdidas,
noites poéticas,
noites esgotadoras
de cansanzo infinito
e escuras choivas eternas.

Tormentas na ialma,
tronos relampagueiros
queimando a pel dos músculos,
agarrotando a gorxa
agora seca.

E mil pesadelos
percorrendo as pálpebras
cando aínda están abertas.

Noites de insomnio,
insomnes noites,
esgotadoras,
perdidas,
e nada, nada poéticas.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 04-11-2011 09:38
# Ligazón permanente a este artigo
Envellecer xuntos
Non podía durmir
esta noite.
Esta noite,
xunto a ti,
sentindo o teu alento,
desvanecéndose as nosas ialmas
no mundo dos soños,
máis aló do corazón
do barullo de mil pensamentos;
esta noite, digo
xunto a ti
non podía máis que pensar
que quixera o mundo así,
para envellecer xuntos,
falar, rir, cantar,
soñar e durmir.
Coñecerte un pouco máis,
só un pouquiño;
percorre-la estrada
do verbo amar,
senti-la esperanza
da vida nos dous;
do latexar creado
entre ti e min,
a partires do noso amor.
Esta noite souben,vida,
que non quería outra existencia
máis aquela que a noite
nos ofrece durmidos, abrazados,
felices de estar xuntos,
vivindo coma namorados.
Os lectores din... (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 29-09-2011 09:40
# Ligazón permanente a este artigo
Ledicia
Engúrra-lo narís
cos ollos brincadeiros,
amósa-los dentes blancos
e, pícaro, ris e ris.

Cantas cancións sen senso
e volves a rir
facéndome lembrar, fillo,
o moito que amo
cando a ledicia do teu narís
fai cóxegas no meu corazón
engurrado.
Os lectores din... (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 09-08-2011 08:37
# Ligazón permanente a este artigo
Doente Dor
Dóeme Dor
coa doente tolemia
dunha voz embaucadora.

Dóeme Dor
a traveso dos espellos
que a noite reflexa
no cumio do ceo.

Dóeme Dor durminte
e volta ferinte
o pensar alleo
que non lembro pensar.
Os lectores din... (0) - Categoría: Poesía - Publicado o 17-07-2011 08:46
# Ligazón permanente a este artigo
Serán
Serán de arrumbio e tranquilidade,
as mans do vello Manuel
texen os vimbios á mañanciña roubados;
os ollos azuis confúndense co ceo...
serán tranquilo, morno
a carón do avó sempre eterno.

O calorciño sobe polas meixelas,
agardamos á sombra dos viñedos
e do arrecendo próximo
da mar serena,
mentres o avó texe e texe
cos dedos expertos e tortos
por anos de traballo e experiencias.

Avanza a modiño o serán
entre sombras e luces claras,
coa calor nas meixelas,
a súor nas costas
e o dóce sabor do texido
construido sobre lembranzas novas.
Os lectores din... (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 27-04-2011 16:30
# Ligazón permanente a este artigo
Esvaécese a pel
Esvaece o teu carnal beizo
na miña defunta boca;
treme o teu muslo
xunto a vivaz lingua;
convírtense as caricias
en suaves marmurios,
aloumiños de amargura
escravizada na infame delicia
delirante.
Os lectores din... (1) - Categoría: Poesía - Publicado o 22-04-2011 15:06
# Ligazón permanente a este artigo
Árbore

É eiquí onde quero sumerxirme,
nestas árbores antigas,
perennes ó paso do tempo,
mornas, fortes,
inquebrantables,
eternas.

Sumerxirme nas súas raíces,
retorcerme coas súas pólas,
afundi-la pel no musgo
suave, frío, pequeno.

E sentir que son parte desa nada,
que nesa nada nacín
e voltarei morrer
porque, ó fin e ó cabo,
nada son e á nada volverei.

É eiquí onde quero morrer,
na eternidade da madeira de carballos,
maceiras, piñeiros ou nogueiras,
na fortaleza dos que unen o mencer
coa noite,
nos comunicadores de ceo e terra.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 21-04-2011 21:29
# Ligazón permanente a este artigo
Caer
Unha vez máis,
este escozor na comisura dos ollos,
esta agonía na metade da gorxa
e o desamor,
a incertidumbre,
a sinrazón e a angustia...

Unha vez máis,
escápasenme suspiros da ialma,
mixtúranse sensacións inabarcables,
afúndome na miseria dunha tristura
hoxe, xa eterna...

Unha vez máis,
chorar, só quero chorar no silencio,
tan só quero gritar onde ninguén escoite,
queima-los beizos coas bágoas
e volver a ti cun sorriso...
entón preguntarás ¿que tes?
e eu responderei nada, non pasa nada.
Os lectores din... (4) - Categoría: Poesía - Publicado o 20-04-2011 22:16
# Ligazón permanente a este artigo
Nalgún momento
Nalgún momento
convertiuse en desesperación,
o corpo voltouse agonía
e dor de mil fogueiras
esnaquizando a razón.

Nalgún intre,
vestiuse de desolación,
de espanto inerte,
de follas roubadas ó inverno,
de promesas baixo o sol.

Nalgún momento,
a morte petando á porta
paseniño ó seu son,
de quen ven sen avisar
e marcha tal cal chegou.

Nalgún intre,
desexada e experta,
abre a súa túnica con paixón,
e pode sumerxirse na súa infinita
realidade de gadaña
e destrucción.

Nalgún momento,
un intre máis,
un intre menos,
chama ou non avisa
e barre coa súa voz
de treboado vento
a tranquilidade das vidas
agora xa perdidas.
Os lectores din... (2) - Categoría: Poesía - Publicado o 11-04-2011 10:34
# Ligazón permanente a este artigo
Escribir, soñar, durmir... descansar, voo eterno e infinito.

O meu perfil
 Escritos
 ¡Creatividade sen límites!
 BUSCADOR
 Buscar blogs galegos
 Noutros momentos
 ANTERIORES

Na EsCuRiDaDe
© by Abertal