|
|
|
|
Antes de que veña a máquina da Deputación |
|
Amig+s:
Unha máquina percorre as cunetas...
Operada con desigual destreza, as estradas comarcais do País están sendo afeitadas sen remisión...
Por extrusión, ripamento, corte, golpe de cadea...
Non hai herba que se libre..
Neste proceso, o noso material preferido para as Gaitas de Palla, esa avea bouba que crece con humildade e beleza nas beiras onde a terra se xunta apenas un palmo...
Aproveitade, ainda quedan sitios onde a Deputación non foi nen deixou recado...
 |
|
|
|
Ventosela do Gaiteiro |
|
En Ventosela había un gaiteiro...
Agora hai unha Ventosela de onde era o gaiteiro...
Un pobo que é capaz de sentirse mellor sendo o pobo dun artista histórico gaiteiro. Un pobo orgulloso do seu.

Dixéronme que o letreiro de entrada ao pobo cambiárono para poñer "Ventosela do Gaiteiro", será certo?
Alguén é capaz de facer unha foto e mandala?
Tamén morreu no 1912, pero din que tén Feis, mirade... |
|
|
|
A GdP é un Meme |
|
algo de teoría nunca está de máis.
Un MEME é o que sería un XEN, pero na Memoria Colectiva e Patrimonial.
Sería a unidade mínima de sentido ou coñecemento que se pode transmitir a outra persoa ou xeración e que segue a xerar e significar o mesmo, a pesar da aparente variación individual.
Algo que se transmite, que tén a súa propia estructura, normas, algo que a xente entende.
Se fose un XEN sería: "eso que vale para ter o pelo rubio, ou os ollos verdes, ou directamente, para ter ollos,..."
Agora chámanlle "known how".
Un MEME é eso mínimo que hai que transmitir para saber facer ou saber algo.

Entón: GdP FAcer GAitas de Palla sería o meme de Saber facer o mínimo instrumento melódico.
|
|
|
|
|
|