Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Xa estamos para gaitas!


    Xa estamos para gaitas!


 busca o que facemos sobre as Gaitas de Palla
Un xoguete nas mans dun nen@, un instrumento nas mans dun músic@ di P. Carpintero
Tódolos gaiteiros do país agrario que eramos traempezaron xogando con Gaitas de Palla.
Pois que ningún/ha gaiteiro/a quede sen facer a súa GAITA DE PALLA

NA NOSA CULTURA POPULAR ESTÁN AS RAICES E A TERRA FÉRTIL PARA O FUTURO.
Esta é unha páxina coa nosa humildosa contribución.
Cambiamos o negativismo de "Non está o alcacén para gaitas" por XA ESTAMOS PARA GAITAS.


2013 iniciase no LUDARIA, Festival Europeo do Xogo Popular. Ao pé do Pórtico do Paraiso na Catedral de Ourense, onde está o flautista (atópao) que o diferencia do Pórtico de Compostela.

2014 no DOLMEN de DOMBATE

2015 Construimos cancións a partir de Gaitas de Palla na TROBA DO BUGALLO



Na época máis festeira do ano.
XA ESTAMOS! SAE FORA AOS CAMIÑOS! VOLVE Á TERRA!


UNETE AO MOVEMENTO XA ESTAMOS PARA GAITAS


... xuño 2013. Graciñas LUDARIA.






22 xuño 2013. Ourense (en festas)


E despois de LUDARIA, esto segue!!

Aula Mús. Trad. Gomes Mouro
AOFTOU
LUDARIA, festival Patrimonio Lúdico. Ourense 2013



Saben moito máis:
Irmáns Castro Vicente
Libro de Pablo Carpintero no Consello da Cultura Galega
Xabier Blanco, os instrumentos pobres
Centro Xaquin Lourenzo (monográfico gaita)

O meu perfil
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

GdP Ludaria 2013 reflectiuse en
Producimos o 1º evento Xa estamos para Gaitas en Ourense.

Xa temos ideas para o ano.
Somos conscientes das limitacións e erros, dos que pedimos desculpas.

Contamos cos gaiteiros, co portador de Patrimonio, coa rapazada, cos foráneos... todos compartindo de corazón este enredo Universal



web Tempo de Lecer Ourense (entrevista moi amena, graciñas Rocío e Israel )


VIDEO



Anuncios
-Gaiteiros Galegos

-Malmequer

-
Comentarios (0) - Categoría: LUDARIA Ourense - Publicado o 30-06-2013 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Esta era a IDEA GdP
Gaitas de Palla?
¿Que podemos facer con esto? ¿Imaxínate que...?!
Pero entón, de que partimos?

Esto cunde! Vai ser chulo!
Con quen hai que falar?

Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 27-06-2013 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Agradecidos por xuntarnos convosco o 22
En breve colgaremos os videos.

Somentes agradecer aos coles, do Encontro Escolar de xogos, a toda esa xente facendo boa laboura coa xente pequena.


E agadecer aos presentes

A Fernando de Vicente, puntal básico desta experiencia gueiteira, que aturou as dores case de parto, para poder tocar anque fose sentado ese alalá que será sempre o Alalá das Flores de Portoblello (xa veredes os videos), onde por fin e con tranquilidade tivemos algo nas mans que ofrecer.

Iago López, contacontos, por aprender tan rápido (non está mal, facer 250 gaitas de palla aprendendo en 20 minutos). Demostración de que calquera con un chisco de maña pode facer GdP.


Aos Chimpacarneiros e Alberto, por tocar ao final as súas sempre ben temperadas gaitas

A Cesáreo García, o noso portador de Patrimonio Inmaterial gaiteiro, e por afiar as navallas.

A Castor, Félix, Gonzalo, da Gomes Mouro, por transmitir paixón, dedicación e coñecementos aos seus compas e pupilos.

A Lois Pardo, de Brinquedia- LUDARIA. Por confiar en tódolos xoguetes do mundo, e darnos a man para dar este primeiro paso.


A Pepe e Manolo, grandes facedores de picaraxadas, que nos deixaron un sitiño ao lado seu no obradoiro, e así parecíamos algo.

A tódol@s presentes, por apoiar a primeira, que é a que che da gaña de facer unha segunda...



GAITEIR@S!




Comentarios (1) - Categoría: LUDARIA Ourense - Publicado o 25-06-2013 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
Imos facer 100 gaiteir@s de palla
Non é un record. Será un recordo.

8 da tarde.
En plenas festas patronais de Ourense.

100 (ou 101) Gaitas de Palla en concerto!

Será posible?


Vide a vivilo!
Comentarios (0) - Categoría: LUDARIA Ourense - Publicado o 22-06-2013 02:38
# Ligazón permanente a este artigo
Gaiteir@s e Artesáns de PRO
¿Queres conseguir ter o diploma de

GAITEIR@ de PALLA DE PRO
e
ARTESÁN de PALLA DE PRO?



Vén aos obradoiros de Gaiteir@s e Artesáns de Gaitas de Palla do sábado 22. Mira o cartel.


(un xoguete nas mans dun neno/a, un instrumento nas mans dun/ha músico/a)

e poderás dicir ti Xa estás para gaitas...
Comentarios (0) - Categoría: LUDARIA Ourense - Publicado o 20-06-2013 00:40
# Ligazón permanente a este artigo
Lis Latas ben sabe de temperar gaitas, de palla tamén
Lis Latas é artesán e gaiteiro. De Lugo.

Creador do Punteiro Afinable, que é como a cuadratura do círculo gaiteiro.

Mándanos un saúdo ao Xa estamos para Gaitas dende a foliada de Orbazai, a carón do río Mera, que desemboca no pai Miño dalí a un cento de metros á altura da milenaria Lucus Augusti.

Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 19-06-2013 11:09
# Ligazón permanente a este artigo
Xa estamos para Festas de Ourense
O Xa Estamos para Gaitas terá un lugar o día da inauguración das Festas de Ourense 2013.

Sábado 22:
Pola mañá: Obradoiro de Pallóns, no Campus.
Pola tarde:
Dende as 18,30 na Praza de San Martiño, Obradoiro
Polas 20h: Concerto de gaitas... e de palla



Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 17-06-2013 13:34
# Ligazón permanente a este artigo
Vémonos no Pórtico do Paraíso de Ourense
Como ben sabedes, o Pórtico do Paraíso de Ourense é coetáneo do Pórtico da Gloria de Santiago.
Case é unha réplica. Feita polos canteiros do Mestre Mateo...



Pero tén DUAS APORTACIONS ou novidades respecto a Santiago:

-Podes ver a policromía orixinal( que en Santiago está perdida )

-Hai un home tocando flautas(que daquela eran consideradas instrumentos pagáns, porque eran máis dificiles de afinar ca as cordas, pitagóricas)


Alí xusto detrás da porta, vémonos no XA ESTAMOS PARA GAITAS


Comentarios (0) - Categoría: LUDARIA Ourense - Publicado o 17-06-2013 13:20
# Ligazón permanente a este artigo
Coa gaita de palla pódese dar a oitava

-Unha palla de avea pode dar notas
-Pode dar octavas, quintas...
-Pode ter timbres secos, doces, aclarinetados...
--Pode Pode Pode... experimentaremos

¿verdade que si, Fernando?

Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 16-06-2013 17:16
# Ligazón permanente a este artigo
Avea pegada aos muros mentais
Atópase palla en cada sitio...


Galicia, sitio distinto.
Galicia, sitio en construcción
Galicia, entre a horta e o andamio



Pintada en Lugo, fronte a Escola de Idiomas
Comentarios (0) - Categoría: de AVEA LOUCA E SILVESTRE - Publicado o 15-06-2013 11:37
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2]
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0