Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 Xa estamos para gaitas!
Un xoguete nas mans dun nen@, un instrumento nas mans dun músic@ di P. Carpintero
Tódolos gaiteiros do país agrario que eramos traempezaron xogando con Gaitas de Palla. Pois que ningún/ha gaiteiro/a quede sen facer a súa GAITA DE PALLA
NA NOSA CULTURA POPULAR ESTÁN AS RAICES E A TERRA FÉRTIL PARA O FUTURO.
Esta é unha páxina coa nosa humildosa contribución.
Cambiamos o negativismo de "Non está o alcacén para gaitas" por XA ESTAMOS PARA GAITAS.
2013 iniciase no LUDARIA, Festival Europeo do Xogo Popular. Ao pé do Pórtico do Paraiso na Catedral de Ourense, onde está o flautista (atópao) que o diferencia do Pórtico de Compostela.
2014 no DOLMEN de DOMBATE
2015 Construimos cancións a partir de Gaitas de Palla na TROBA DO BUGALLO
Na época máis festeira do ano.
XA ESTAMOS! SAE FORA AOS CAMIÑOS! VOLVE Á TERRA!
UNETE AO MOVEMENTO XA ESTAMOS PARA GAITAS
... xuño 2013. Graciñas LUDARIA.
22 xuño 2013. Ourense (en festas)
E despois de LUDARIA, esto segue!!
Creador do Punteiro Afinable, que é como a cuadratura do círculo gaiteiro.
Mándanos un saúdo ao Xa estamos para Gaitas dende a foliada de Orbazai, a carón do río Mera, que desemboca no pai Miño dalí a un cento de metros á altura da milenaria Lucus Augusti.
O Xa Estamos para Gaitas terá un lugar o día da inauguración das Festas de Ourense 2013.
Sábado 22:
Pola mañá: Obradoiro de Pallóns, no Campus. Pola tarde:
Dende as 18,30 na Praza de San Martiño, Obradoiro
Polas 20h: Concerto de gaitas... e de palla
Como ben sabedes, o Pórtico do Paraíso de Ourense é coetáneo do Pórtico da Gloria de Santiago.
Case é unha réplica. Feita polos canteiros do Mestre Mateo...
Pero tén DUAS APORTACIONS ou novidades respecto a Santiago:
-Podes ver a policromía orixinal( que en Santiago está perdida )
-Hai un home tocando flautas(que daquela eran consideradas instrumentos pagáns, porque eran máis dificiles de afinar ca as cordas, pitagóricas)
Alí xusto detrás da porta, vémonos no XA ESTAMOS PARA GAITAS
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0