Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249
Xa estamos para gaitas!


    Xa estamos para gaitas!


 busca o que facemos sobre as Gaitas de Palla
Un xoguete nas mans dun nen@, un instrumento nas mans dun músic@ di P. Carpintero
Tódolos gaiteiros do país agrario que eramos traempezaron xogando con Gaitas de Palla.
Pois que ningún/ha gaiteiro/a quede sen facer a súa GAITA DE PALLA

NA NOSA CULTURA POPULAR ESTÁN AS RAICES E A TERRA FÉRTIL PARA O FUTURO.
Esta é unha páxina coa nosa humildosa contribución.
Cambiamos o negativismo de "Non está o alcacén para gaitas" por XA ESTAMOS PARA GAITAS.


2013 iniciase no LUDARIA, Festival Europeo do Xogo Popular. Ao pé do Pórtico do Paraiso na Catedral de Ourense, onde está o flautista (atópao) que o diferencia do Pórtico de Compostela.

2014 no DOLMEN de DOMBATE

2015 Construimos cancións a partir de Gaitas de Palla na TROBA DO BUGALLO



Na época máis festeira do ano.
XA ESTAMOS! SAE FORA AOS CAMIÑOS! VOLVE Á TERRA!


UNETE AO MOVEMENTO XA ESTAMOS PARA GAITAS


... xuño 2013. Graciñas LUDARIA.






22 xuño 2013. Ourense (en festas)


E despois de LUDARIA, esto segue!!

Aula Mús. Trad. Gomes Mouro
AOFTOU
LUDARIA, festival Patrimonio Lúdico. Ourense 2013



Saben moito máis:
Irmáns Castro Vicente
Libro de Pablo Carpintero no Consello da Cultura Galega
Xabier Blanco, os instrumentos pobres
Centro Xaquin Lourenzo (monográfico gaita)

O meu perfil
 FOTOBLOGOTECA
 ANTERIORES
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO

Xa viches chegar a Avea?
Xa chegou a avea!
Alguén a topa polos camiños e congostras?
Alguén a ve plantando nas hortas?
Alguén tén xa o son que nelas vén?
Comentarios (0) - Categoría: de AVEA LOUCA E SILVESTRE - Publicado o 16-04-2014 21:11
# Ligazón permanente a este artigo
E por que non Requintas de PVC?
Gaitas de palla, e requintas de PVC!

No rapidísimo obradoiro impartido por Suso Vaamonde, gaiteiro grande poidemos facernos cun símil de requinta ben sorprendente

Baixo o espíritu do "aproveitar o material que máis disponibilidade teñamos", puxémonos mans á obra.

Un tubo (continuo, sen corte) de pvc de 45 cm, unha taladradora vertical, brocas de madeira. E nada máis.

Sorprendente. Dúas octavas e media. 8 persoas coa súa requinta traveseira feita por el@s mesm@s tocando xunt@s en apenas 2 horas.

Hai que poñer na man da xente os instrumentos, para ver se lle soa ben.
E a quen lle soe ben, que probe "co dos maiores"·

Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 24-11-2013 21:04
# Ligazón permanente a este artigo
En Baroña habería gaiteiros de palla
O Castro de Baroña, en Porto do Son, disque foi poboado dende a Idade de Ferro, ata o I da nosa Era.

Nos arredores de Baroña hai avea. ¿Farían gaitas?

Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 30-08-2013 20:23
# Ligazón permanente a este artigo
Trucos a ter en conta nas GdP (I) : dereitiño
No corte do pallón:

1º pequeno corte no ancho da palla

2º facer a lámina dereitiña


Se é moi ancho o corte , a lámina soborda e non vibra

Se a lámina non se fai dereita, a vibración faise moi dificil


Comentarios (0) - Categoría: COMO FACELAS - Publicado o 07-08-2013 20:31
# Ligazón permanente a este artigo
Antes de que veña a máquina da Deputación
Amig+s:
Unha máquina percorre as cunetas...
Operada con desigual destreza, as estradas comarcais do País están sendo afeitadas sen remisión...
Por extrusión, ripamento, corte, golpe de cadea...
Non hai herba que se libre..

Neste proceso, o noso material preferido para as Gaitas de Palla, esa avea bouba que crece con humildade e beleza nas beiras onde a terra se xunta apenas un palmo...

Aproveitade, ainda quedan sitios onde a Deputación non foi nen deixou recado...

Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 29-07-2013 21:57
# Ligazón permanente a este artigo
Ventosela do Gaiteiro
En Ventosela había un gaiteiro...

Agora hai unha Ventosela de onde era o gaiteiro...

Un pobo que é capaz de sentirse mellor sendo o pobo dun artista histórico gaiteiro. Un pobo orgulloso do seu.




Dixéronme que o letreiro de entrada ao pobo cambiárono para poñer "Ventosela do Gaiteiro", será certo?
Alguén é capaz de facer unha foto e mandala?

Tamén morreu no 1912, pero din que tén Feis, mirade...
Comentarios (2) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 08-07-2013 18:06
# Ligazón permanente a este artigo
A GdP é un Meme
algo de teoría nunca está de máis.

Un MEME é o que sería un XEN, pero na Memoria Colectiva e Patrimonial.

Sería a unidade mínima de sentido ou coñecemento que se pode transmitir a outra persoa ou xeración e que segue a xerar e significar o mesmo, a pesar da aparente variación individual.

Algo que se transmite, que tén a súa propia estructura, normas, algo que a xente entende.

Se fose un XEN sería: "eso que vale para ter o pelo rubio, ou os ollos verdes, ou directamente, para ter ollos,..."

Agora chámanlle "known how".


Un MEME é eso mínimo que hai que transmitir para saber facer ou saber algo.






Entón: GdP FAcer GAitas de Palla sería o meme de Saber facer o mínimo instrumento melódico.
Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 03-07-2013 23:35
# Ligazón permanente a este artigo
GdP Ludaria 2013 reflectiuse en
Producimos o 1º evento Xa estamos para Gaitas en Ourense.

Xa temos ideas para o ano.
Somos conscientes das limitacións e erros, dos que pedimos desculpas.

Contamos cos gaiteiros, co portador de Patrimonio, coa rapazada, cos foráneos... todos compartindo de corazón este enredo Universal



web Tempo de Lecer Ourense (entrevista moi amena, graciñas Rocío e Israel )


VIDEO



Anuncios
-Gaiteiros Galegos

-Malmequer

-
Comentarios (0) - Categoría: LUDARIA Ourense - Publicado o 30-06-2013 12:57
# Ligazón permanente a este artigo
Esta era a IDEA GdP
Gaitas de Palla?
¿Que podemos facer con esto? ¿Imaxínate que...?!
Pero entón, de que partimos?

Esto cunde! Vai ser chulo!
Con quen hai que falar?

Comentarios (0) - Categoría: Bós Gaiteir@s - Publicado o 27-06-2013 17:38
# Ligazón permanente a este artigo
Agradecidos por xuntarnos convosco o 22
En breve colgaremos os videos.

Somentes agradecer aos coles, do Encontro Escolar de xogos, a toda esa xente facendo boa laboura coa xente pequena.


E agadecer aos presentes

A Fernando de Vicente, puntal básico desta experiencia gueiteira, que aturou as dores case de parto, para poder tocar anque fose sentado ese alalá que será sempre o Alalá das Flores de Portoblello (xa veredes os videos), onde por fin e con tranquilidade tivemos algo nas mans que ofrecer.

Iago López, contacontos, por aprender tan rápido (non está mal, facer 250 gaitas de palla aprendendo en 20 minutos). Demostración de que calquera con un chisco de maña pode facer GdP.


Aos Chimpacarneiros e Alberto, por tocar ao final as súas sempre ben temperadas gaitas

A Cesáreo García, o noso portador de Patrimonio Inmaterial gaiteiro, e por afiar as navallas.

A Castor, Félix, Gonzalo, da Gomes Mouro, por transmitir paixón, dedicación e coñecementos aos seus compas e pupilos.

A Lois Pardo, de Brinquedia- LUDARIA. Por confiar en tódolos xoguetes do mundo, e darnos a man para dar este primeiro paso.


A Pepe e Manolo, grandes facedores de picaraxadas, que nos deixaron un sitiño ao lado seu no obradoiro, e así parecíamos algo.

A tódol@s presentes, por apoiar a primeira, que é a que che da gaña de facer unha segunda...



GAITEIR@S!




Comentarios (1) - Categoría: LUDARIA Ourense - Publicado o 25-06-2013 13:47
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0