|
|
|
Xa estamos para gaitas en Cabana no 2014 |
|
Nun lugar lendario e milenario.
Atreverémonos a facer o bruído que fan as gaitas da palla verde e seca.
Este ano....o venres 22 de agosto os instrumentos vexetais e naturais vanse dar cita na catedral megalitica, o dolmen de DOMBATE.(Cabana).
As gaitas de palla coas que aprenderon todolos nenos gaiteiros tradicionais.As frautas de caniveira, mexacáns... Os saxos de caniveira...
Un enredo nas mans dun enredante.... Un instrumento nas mans de quen ten música..
 |
|
|
|
Quinta festa da Gaita en QUINTÁ |
|
Na preciosa montaña lucense. Becerreá.
En Quintá da Cancelada
Medio cento de gaiteiros, vellos e novos,
Un ambiente familiar, ledo, entrañable, acolledor.Comisiónguapa.
TODOS ESOS GAITEIROS VELLOS CONTAN
QUE EMPEZARON DE NENOS TOCANDO GAITAS DE PALLA
Repetindo con elas as pezas que escoitaban aos gaiteiros.
Hai algúns destes gaiteiros, que, animados por Juanjo Fernández, despois de enfermidades paralizadoras graves na súa maioría de idade, recuperaron a memoria da gaita, cando apenas podían mover os dedos.
Quen quere ir a Outro Botellón Máis...
A homenaxe, a recuperación das memorias
 |
|
|
|
Xa estamos para gaitas 2014 en Cabana de Bergantiños |
|
Xa estamos preparandonos...
O 22 de agosto...
No monumento megalitico mais importante de Galicia.
Xunto cos Gaiteiros da Lua chea de San Xoan de Borneiro...
|
|
|
|
Colle avea, q é mala herba |
|
Aparte dos dereitos de Paso, de Pasto e de Espigueo... Está o dereito de ESCARDA.
O dereito de segar as malas herbas que crecen nos embrados de calquera.
No estudo de Cardesín sobre a aldea galega do XIX.
A avea louca, a q empregamos con deleite para as nosas gaitas de palla... considerada mala herba...
Ai ho.... :-) |
|
|
|
Gaitas de avea do ano pasado |
|
Pode valer
Secado:
.recollido en verde, secado pouco a pouco, para que non tronce moito
.xa algo secas, que non se humedezan
.aireado,
.en botes metálicos condénsase a humidade, e amofan, fatal
 |
|
|
|
Venrespirar en Ourense |
|
Dende xa vai X anos, en Ourense, a aula de Música TRadicional Gomes Mouro e Algaravía fan unha
Festa Tradicional itinerante
É os venres, e sitúano en locais públicos, non institucionais, cada vez nun sitio distinto.
Tamén teñen o Venrespiriño, para @s cativ@s.
O ano pasado presentamos un obradoiro de gaitas de palla, na praza das Mercedes.
Non sei se o pasaron mellor os vellos ca os cativos
 |
|
|
|
Un bugallo é unha ocarina |
|
Nos obradoiros que se imparten sobre instrumentos populares, por exemplo os de Pepe e Manolo, realizados en Cabreiros e Muimenta esta fin de semana pasada apréndense moitas cousas.
 |
|
|
|
Unha man de gaitas de palla o 1 de xuño en Muimenta |
|
O 1 de xuño fíxose o Encontro de Xogos en Muimenta, xa un clásico das citas sobre Xogos Populares.
Houbo aberto de Billarda, e unha mostra impresionante de Xogos Cántabros.
Aló estivemos para aprender tamén con Pepe e Manolo a facer enredos.
E con Simón Piñón quedamos despois, que quixo aprender a facer unha gaita. Non solo a fixo, senón que creou unha peza con ela. ¿Alguén quere escoitar esa peza, feita no mesmo día que se aprendeu a facer o instrumento?
 |
|
|
|
Onde está a avea no walli? |
|
Busca nos camiños, nos foxos, nas beiras, nas hortas
Busca nos muros, nas fendas, nos sumidoiros
Busca, busca e tópate con elas
 |
|
|
|
En Abril xa chegou a Avea aos camiños! |
|
Velaqui chegou
Velaqui está
A avea nos camiños
A fartar

|
|
|
|
|
|
|