|
|
|
|
Agradecidos por xuntarnos convosco o 22 |
|
En breve colgaremos os videos.
Somentes agradecer aos coles, do Encontro Escolar de xogos, a toda esa xente facendo boa laboura coa xente pequena.
E agadecer aos presentes
A Fernando de Vicente, puntal básico desta experiencia gueiteira, que aturou as dores case de parto, para poder tocar anque fose sentado ese alalá que será sempre o Alalá das Flores de Portoblello (xa veredes os videos), onde por fin e con tranquilidade tivemos algo nas mans que ofrecer.
Iago López, contacontos, por aprender tan rápido (non está mal, facer 250 gaitas de palla aprendendo en 20 minutos). Demostración de que calquera con un chisco de maña pode facer GdP.
Aos Chimpacarneiros e Alberto, por tocar ao final as súas sempre ben temperadas gaitas
A Cesáreo García, o noso portador de Patrimonio Inmaterial gaiteiro, e por afiar as navallas.
A Castor, Félix, Gonzalo, da Gomes Mouro, por transmitir paixón, dedicación e coñecementos aos seus compas e pupilos.
A Lois Pardo, de Brinquedia- LUDARIA. Por confiar en tódolos xoguetes do mundo, e darnos a man para dar este primeiro paso.
A Pepe e Manolo, grandes facedores de picaraxadas, que nos deixaron un sitiño ao lado seu no obradoiro, e así parecíamos algo.
A tódol@s presentes, por apoiar a primeira, que é a que che da gaña de facer unha segunda...
GAITEIR@S!
 |
|
|
|
1 Comentario(s) |
|
1 |
Non serían xustos os agradecementos sen contar coa enerxía, entusiasmo e a motivación que derrochou neste proxecto o autor deste blog, conductor do evento e moitas cousas máis: Juanjo G. Rodicio.
A el, a Cesáreo García (quen nos transmitiu o saber) e a Lois Pardo, que #blgtk08#creu fondamente na potencialidade da forza dos pequenos regalos (presentes) da tradición, se debe o xerme desta experiencia.
Como comenta Juanjo, a fantástica implicación de todos os presentes é o principal motor para que eventos tan enriquecedores coma este pervivan. |
|
|
Comentario por Fernando de Vicente (27-06-2013 20:17) |
|
|
Deixa o teu comentario |
|
|
|
|