|
|
|
|
Xa estamos para gaitas en Cabana no 2014 |
|
Nun lugar lendario e milenario.
Atreverémonos a facer o bruído que fan as gaitas da palla verde e seca.
Este ano....o venres 22 de agosto os instrumentos vexetais e naturais vanse dar cita na catedral megalitica, o dolmen de DOMBATE.(Cabana).
As gaitas de palla coas que aprenderon todolos nenos gaiteiros tradicionais.As frautas de caniveira, mexacáns... Os saxos de caniveira...
Un enredo nas mans dun enredante.... Un instrumento nas mans de quen ten música..
 |
|
|
|
Trucos a ter en conta nas GdP (I) : dereitiño |
|
No corte do pallón:
1º pequeno corte no ancho da palla
2º facer a lámina dereitiña
Se é moi ancho o corte , a lámina soborda e non vibra
Se a lámina non se fai dereita, a vibración faise moi dificil
|
|
|
|
Non é difícil : facer o pallón |
|

Cara a parte que está tapada polo nudo da palla faise :
1º- un corte feito ao ancho (a 2 ou 3 cm do longo)
2º e 3º- A partir dese corte, empuxar o corte cara o nudo, facendo unha lámina ou pallón, sen chegar ao fondo de todo.
4º- Se non soa inmediatamente, hai que Espabilar o pallón: abrindo, levantándoa unha miga.
Dicimos pallón por ser Unha (1) lámina.
Se fosen Dúas (2) sería Palleta.
|
|
|
|
Tódolos Gaiteiros coa súa gaita de palla |
|
Conta Pablo Carpintero que dos moitísimos informantes gaiteiros cos que falou, todos eles empezaron tocando de nenos as gaitas de palla.
O mapa é claro.
 |
|
|
|
|
|