Warning: getimagesize() [function.getimagesize]: Filename cannot be empty in /var/www/vhosts/blogoteca.com/httpdocs/include/func-blog.php on line 249 Xa estamos para gaitas!
Un xoguete nas mans dun nen@, un instrumento nas mans dun músic@ di P. Carpintero
Tódolos gaiteiros do país agrario que eramos traempezaron xogando con Gaitas de Palla. Pois que ningún/ha gaiteiro/a quede sen facer a súa GAITA DE PALLA
NA NOSA CULTURA POPULAR ESTÁN AS RAICES E A TERRA FÉRTIL PARA O FUTURO.
Esta é unha páxina coa nosa humildosa contribución.
Cambiamos o negativismo de "Non está o alcacén para gaitas" por XA ESTAMOS PARA GAITAS.
2013 iniciase no LUDARIA, Festival Europeo do Xogo Popular. Ao pé do Pórtico do Paraiso na Catedral de Ourense, onde está o flautista (atópao) que o diferencia do Pórtico de Compostela.
2014 no DOLMEN de DOMBATE
2015 Construimos cancións a partir de Gaitas de Palla na TROBA DO BUGALLO
Na época máis festeira do ano.
XA ESTAMOS! SAE FORA AOS CAMIÑOS! VOLVE Á TERRA!
UNETE AO MOVEMENTO XA ESTAMOS PARA GAITAS
... xuño 2013. Graciñas LUDARIA.
22 xuño 2013. Ourense (en festas)
E despois de LUDARIA, esto segue!!
Os MAIOS da xente en Ourense no 2021 (Cantademeunmaio) foron especiais epidémicos e epidérmicos. Pro fixémolos.
Descrición do video:
Un home barbado e misterioso ensina unha herba, unha raiz, unhas pallas de avea, a máis humilde das gramíneas. Está claro que mira a unha cámara. Isto é un espectáculo, alguén observa. Toca unha tonada cunha herba do campo, soa o cuco, góstalle. Ensina o lugar, unha ermida, un solpor, xa está o selfie cultural feito.
Hai unha lenda de San Trocado, o “santo do Torque”, traídas súas reliquias dende Guadix (Granada) por San Rosendo de Celanova no século X que di que hai unha serpe que tén unha flor que hai que arrincarlla cos nosos propios beizos. Se non somos de caraveis, somos de herbas.
O santoral sitúa ao Trocado traendo a barca de Santiago a Galicia no século I da era común; no calendario salta o 15 de maio e en Ourense a capela de San Trocado tén unha das vistas máis vertixinosas da provincia, sobre o pai Miño, sobre a citania de San Cibrao de Las, oubeando ao mundo de Dozón a Celanova, de Ribadavia a Ourense, do Oural ao Paraño, que imperio!
Vese o pico de San Trocado coma se ve o Pico Sacro ao chegar a Santiago de Compostela, baixando pola autopista.
Nestes picos os antergos mantiñan os lugares máis olímpicos para que os seres divinos e mitolóxicos se mantiveran por riba dos mortais. Protexíanos das ameazas e celebraban algunha vez ao ano estar xuntos e necesitar unhas crenzas e cultura común. A luz nas alturas alumea aos seres da chaira, a barrosantear.
Por máis misteriosos e postmodernos que nos poñamos (modo selfie on, modo irónico on, modo pailán pedante ou pándigo) os Maios non deixarán de ser un xogo de crianzas dando “caña”.
Así como se di que a patria é a infancia, ou a lingua --depende para que se diga tal--, e que a lingua tén distintos estratos que se van sumando na terra en fondura mentras as vamos riscando, as tradicións e os rituais tamén se compoñen de capas, de socalcos polos que baixamos ata o máis esencial.
Coa excusa desa anxelical figura das maias, meniñas de maio coma flores dos verxeis, ao fondo delas poñían os adultos nas voces inxenuas as súas críticas aos mandatarios de turno e dábanlle unha repasada boa pola peneira do enxeño ao máis importante do ano, para que o pobo non o esquencese. O pobo non é parvo nin párvulo. Na feesta dos Maios establécese unha posta en escea interxeracional na que maiores e menores teñen que estar entreverados, entrefrebados.
É un “tres-nunha” como o é o nabo-naviza-grelo (a santisima trindade do galego), ou o ferrado (ao mesmo tempo medida de superficie, de peso e de volume). Ao mesmo tempo é un xogo de crianzas, ao mesmo tempo é unha artesanía vexetal que converte en reliquia efímera o vexetal elemento, e ao mesmo tempo é unha indispensable e sanísima ourivería verbal para fender a realidade socio-política e defenderse diante do agresivo. O malvado non é o lobo, nin o home, nin as malas herbas, nin as malas verbas, senon o que fagamos con todo iso. Tecer unha construcción vexetal adorable e agreste. Entretecer unhas copliñas saudosas ao tempo que salvaxes. Taconear polas rúas e que se nos escoite ben e se xunte a xente.
A procura das raíces e das esencias tén as súas limitacións, temos que ser humildes, máis tamén valentes. Non podemos acoutar con muros de museos aquel anaquiño de tradición para conservalo coma se conserva un dente dun Ataporqueño. Podemos seguir vivindo o que insuflou vida á xente durante os séculos, o que nos fará máis humanos, simplemente humanos.
¿É patrimonio igual unha citania castrexa ca unha tonada da festa dos Maios? ¿É patrimonio o que se constriuiu nun momento histórico determinado por unhas circunstancias determinadas? ¿É matrimonio o que une a todas as xeracións, que amamanta coas verbas e os rituais, as festas e os xogos?
É.
Por segundo ano, o movemento de renovación pedagóxico Nova Escola Galega fai as xornadas de Cultura tradicional, para observar in situ as aplicacións didácticas que nos ofrece a tradición, e os renovadores.
Alí estárá o Gaiteiro Xavier Blanco, e os Chichisos, con quen se poderá ver en directo o que fan co material natural e a música que sae a borbollóns del.
Efectivamente amig@s!
A metade do repertorio creado pola Troba do bugallo está feito a partir de cantigas sacadas de gaitas de palla confeccionadas por el@s mesm@s.
-No encontro de Xogos populares de Muimenta . (Xotramu)
-Na poza de Fonmiñae e bares de Meira
-No domingo das mozas de San Froilán
-etc
No Madia Leva de Lugo completamos as variadas actividades que alí fan arredor do Samaín con varios contos e desmitificacións.
-Unha. Xa temos Magosto, para que queremos Samaín.
-Duas. Nos tempos de defuntos, lembramos a voz dos nosos devanceiros, que nos inspiran, non nos dan medo
-Tres. Eran outros tempos, nos que os xoguetes eran de palla e casca de nabo. Non había luz eléctrica... e as teas de arañeira eran naturais...
E finalmente fixemos gaitas de palla para @s nen@s. Deseguido se propuxeron que facer varias e facelas soar ía ser divertido. O que non sabían é que podiamos poñer roncón, ronqueta e punteiro, coma na gaita de verdade...
En Lugo o último domingo das festas patronais chámanlle dende os anos 40 Dia das Mozas, e resulta ser unha exaltación do Traxe e a música tradicionais.
Dende hai uns anos está cheo de grupos musicais de xente moza, e hai moi bo ambiente.
Pois tamén saimos co noso feixe de pallas , recollido na chamada finca da Deputación de Ourense, polo que podíamos dicir que levabamos no lombo Unha Banda de GAitas de Palla da Deputación de Ourense. Tiñamos incluso unha copla ao respecto, que se queredes, vos podemos enviar.
Tamén saiu unnha canción, porque Simón levaba a gaita e a música no peito. Unha canción cunha gaitiña de palla. Que tamén ten letra, claro
"Eu saín con un feixe de pallas,
sen saber o que ía pasar.
Esto foi no domingo das Mozas,
en Lugo a festa do San Froilán"
E alí fixemos o instrumento improvisado: a Gaita de Palla
Igual que se improvisa con maxia un verso, se improvisa un instrumento, tomado en outubro ainda dos eidos fronte ao Centro Civico e cultural de Valadares.
Depois da xornada do 22 en Dombate non podemos menos que dar as gracias as, e as persoas asitentes e a Fernando como presidente do grupo de gaitas Lua Chea e a Ismael (6/8, e Donaire ), como director artístico
Asimesmo a Jose María de Couto, e ao persoal que atende na catedral do Megalitismo.
Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0