|
|
|
|
| Este é un blog onde pretendemos compartir o noso traballo na área da educación sexual. |
|

|
| O meu perfil |
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
|
| Curso de Educación Sexual Santiago de Compostela, 27, 28 de xaneiro e 3, 4 e 10 de febreiro 2012. |
|
 INSCRIPCIÓN: Enviar un correo electrónico solicitando a ficha de inscripción a gaforsex@hotmail.com. Mais imformación 699732986
HORARIO: Venres 17:00/ 21:00 h Sábados 10:00/14:00h.
PROGRAMA DA FORMACIÓN 20 horas.
I ª SESIÓN:A SEXUALIDADE E A DISCAPACIDADE
Concepto de sexualidade.
O propio concepto do/a educador/a. A actitude do educador.
Sexualidade nas persoas con discapacidade.
Modelos de educación sexual.
O modelo biográfico-profesional de Félix López.
Intervención sistémica: persoa, familia, centro.
IIª SESIÓN:O PROGRAMA
* Diagnóstico do nivel de coñecementos e detección de necesidades formativas na área de educación afectivo-sexual.
* O traballo en grupos, según o nivel cognitivo: medio ou lixeiro.
* Tres conceptos para o programa de educación afectivo-sexual: Identidade sexual, desexo sexual e afectividade.
* Obxectivos dos programa.
* Contidos e metodoloxía das unidades didácticas.
IIIª SESIÓN:TRABALLO COS FAMILIARES
Autorización dos familiares: primeira entrevista individualizada.
Constitución dos grupos de familiares, temporalización.
Contidos: O propio concepto de sexualidade.Ampliar o concepto de sexualidade. A educación afectivo-sexual. Consensuar os contidos do programa.
A actitude dos familiares ante a propia sexualidade e ante a dos seus fillos e fillas.
A actitude do/a profesional antes as familias: Normativa, combativa ou comprensiva.
IVªSESIÓN:A PRÁCTICA NA EDUCACIÓN SEXUAL
* Propostas de intervención en educación sexual con persoas con discapacidade.
* Os itinerarios sexuais individuais.
* O método de “Análisis de discrepancias”
* Estudio de casos na práctica.
|
|
|
|
|
| Asesoramento profesional a centros e familias en materia de sexualidade. |
|
“ OS ITINERARIOS SEXUAIS PERSOAIS, unha folla de ruta para atoparse na propia sexualidade.”
Método de traballo.
A actividade lévase a cabo sempre no centro de atención ás persoas con discapacidade de referencia para a persoa. O traballo se realiza en equipo que está constituído por un máximo de dúas persoas por parte do centro, e a familia do protagonista do itinerario, no caso da familia non hai límite, poden participar todos os membros que o desexen.
Para comezar temos unha reunión de todo o equipo onde poñemos en común cales son as inquietudes e a visión da sexualidade. É moi necesario que todos teñamos moi claro que o traballo é por e para a persoa e que si o que queremos é o seu benestar en cuanto ó afectivo sexual se refire deberemos traballar sempre en equipo.
Unha vez nos coñecemos xa podemos poñer en marcha a maquinaria. O traballo se estrutura en unha reunión semanal de unha hora de duración como máximo, en estas sesións estarán presente un/unha persoa do centro e a profesional externa especialista en educación sexual. En estes encontros comezamos o itinerario co noso/a protagonista. Cada certo tempo, dependendo da evolución, convocaremos á familia para compartir as estratexias e definir cales son os apoios precisos dende a casa. Hasta o momento no noso traballo nunca tivemos a necesidade de facer unha reunión da persoa xunto ós seus familiares, non descartamos a posibilidade si así se considerase preciso. Estas reunións son mais habituais no traballo dos PCP (Plan Centrado na Persoa).
Fundamentación.
Porqué un itinerario? Un itinerario é un camiño por onde imos sinalando determinados asuntos onde nos temos que fixar. Comezamos unha viaxe, onde cada persoa coa que traballaremos irá relatando e configurando a súa propia realidade sexual, a súa identidade, o seu universo afectivo e o seu desexo.
Un mapa serve para orientarse e para orientar ós outros.Trátase de establecer dun xeito visual as relacións entre os conceptos, ideas, desexos e necesidades da persoa. Sabemos onde comeza, sabemos os puntos por onde nos imos parar, pero o tempo que nos levará o traballo, a súa complexidade e o resultado final so dependerán da persoa.
O obxeto do itinerario é unha intervención educativa e en moitos casos rehabilitadora. Isto é, en casos de persoas con unha afectación importante, que se decida realizar o itinerario sexual para poder comprender mellor a súa conduta e as súas necesidades e para poder establecer as estratexias e o mellor procedemento para corrixir unha conduta sexual desaxustada. Co itinerario podemos definir mellor un modelo de análise de discrepancias e as técnicas conductuales mais axeitadas: reforzamento positivo, moldeado, extinción, costo resposta, tempo fora, sobrecorrección, reforzamento diferencial de condutas incompatibles, etc. . .
|
|
|
|
|
| Vínculos amorosos. Un proxecto de Débora Baz e Patricia Ramos. |
|
 OBRADOIRO DE RECOÑECEMENTO E AUTOREGULACIÓN NAS RELACIÓNS AMOROSAS ENFERMAS, PARA PREVIR A VIOLENCIA DE XÉNERO EN XÓVENES DE SECUNDARIA.
XUSTIFICACIÓN DO PROXECTO.
Ninguén nos ensina como debemos comportarnos nunha relación, aprendemos sos, a través da observación doutras relacións (a dos nosos pais, na televisión, nas películas) e sobre todo na experimentación directa (ensaio e error). Non é o noso obxecto pretender establecer un modelo de relación e moito menos tratar de impoñelo ós participantes destos talleres. O que sí pretendemos é dotar de ferramentas para que as persoas establezan as relacións que realmente elas queren, e non se limiten a imitar aquelas que lle veñen dadas como referencia. É importante entrenar na conciencia crítica para que así as persoas non acaben vivindo relacións que non queren, que non lle fan felices e que en moitos casos acaban custándolle a súa saúde mental e física.
Os centros de ensino onde os xóvenes se están formando para a vida (aínda que isto non o teñan moi claro), nos facilitan un marco perfecto para incorporar contidos que non están dentro da educación formal e que nembargante son moi necesarios para a formación das persoas. Consideramos que un obradoiro destas características pode enmarcarse perfectamente dentro da formación dos centros de secundaria.
O proxecto que presentamos non pretende teorizar sobre a violencia de xénero en xeral, porque consideramos que isto pode levar á creencia erronea de que isto solo lle pasa ás mulleres maiores, e a persoas que están lonxe do noso entorno. Pretendemos propoñer unha visión da violencia de xénero dende a primeira persoa, analizala dende o aspecto de que nos pode pasar a nós mañán ou o que é peor que pode estarnos pasando xa. Como recoñecer esta violencia identificando os sinais, como revisar as nosas relacións de parella por si podemos estar dentro do ciclo da violencia sen sabelo, como autoregularnos dentro delas para poder saír dunha relación que non nos fai felices, que recursos podemos utilizar no caso de coñecer a alguén que está en esta situación ou ser nós mesmas a que estemos dentro dun ciclo que pode perxudicarnos, este é o sentido do proxecto que estamos a presentar. Pretendemos partir da realidade mais cercana que é a nosa propia vida (primeira persoa do singular) para pouco a pouco levala ó problema social no que se converte cando afecta a tantas mulleres en todo o mundo (primeira persoa do plural en feminino).
Hai outro aspecto que nos parece fundamental á hora de contemplar a metodoloxía a seguir dentro deste obradoiro. O alumnado ó que vai dirixido o obradoiro está composto por rapaces e por rapazas. É importante ser moi asertivo cos homes para que non se sintan os malos da película, e non provocar un rexeitamento do que plantexamos por sentirse excluídos ou o que é peor atacados. Os rapaces varóns non está no punto de mira deste obradoiro ó que si pretendemos é resaltar que é o machismo da sociedade un dos principais causantes da violencia de xénero e que está nas mans tanto de homes como de mulleres poñerlle termo, si queremos vivir e convivir nunha sociedade realmente xusta e igualitaria.
OBXETIVOS
Entrenarnos no recoñecemento e autoregulación das relacións de parella enfermas.
Revisar as causas da violencia de xénero.
Coñecer os recursos cos que contamos unha vez estamos ó tanto dalgún caso de violencia de xénero ou o padecemos na nosa persoa.
CONTIDOS
As relacións amorosas sanas: elementos que as sustentan.
As relacións enfermas: a dominación, a violencia psicolóxica e a física, os ciumes, o chantaxe emocional.
Conflito e maltrato.
Posibilidades de reacción: como saír dunha relación enferma.
A violencia de xénero: en qué consiste e qué a sustenta.
Apoios e recursos cos que contan as mulleres que padecen a violencia de xénero.
GRUPOS ÓS QUE VAI DIRIXIDO O OBRADOIRO
A actividade está dirixida ó alumnado de cuarto de secundaria de tódolos institutos do municipio de Cangas.
DISTRIBUCIÓN TEMPORAL DO OBRADOIRO
A nosa proposta é que o obradoiro conste de tres clases por cada grupo, dúas consecutivas e unha terceira noutro día.
Para unha maior operatividade na organización da actividade será recomendable que as sesións cos diferentes grupos sexan concentradas no mesmo día e a ser posible de xeito consecutivo. |
|
|
|
|
| Performance. |
|
“O taller de Mariquita Pérez: xogando a inventarnos”
Descrición:
Poucas son as propostas que as mulleres teñen para volver a xogar. Este é un taller que nos fará recordar cando éramos pequenas e vestíamos e desvestíamos ás “Mariquitillas”. Propoñemos un taller de performance onde xoguemos a ser outras mulleres, a noiva, a irmán da noiva, a prima da noiva, a artista, a cabaretera. . . onde cambiemos a nosa persoaxe por un momento e imaxinemos como seríamos si fosemos outra muller.
Levaremos todo tipo de vestidos e complementos, de noiva, de boda, de festa . . . para que cada muller poda vestirse como unha auténtica Mariquita Pérez.
Non se trata de un xogo de carnaval, imos ir moito mais aló si utilizaremos estilimos para que nos apoien no noso cambio pero buscaremos cambiar tamén a muller que cada unha leva dentro por outra que tamén leva pero que non poido saír.
Contidos:
- Diversión, diversión e diversión.
- Reencontrarnos coa muller que tiñamos dentro pero que se nos perdeu polo camiño.
- O xogo teatral da performance.
Temporalización:
Dúas sesións de dúas horas e media cada unha.
Participantes:
Un máximo de vinte mulleres de todas as idades.
|
|
|
|
|
| Aromaterapia e Sorrisos do corpo. |
|
Aromaterapia: O obxeto deste taller xira entorno a aromaterapia, non será o noso propósito realizar curas através da holística pero si poderemos dar a coñecer os efectos mais beneficiosos que o uso da aromaterapia pode traer ó noso organismo. As particiapantes comporán o seu propio perfume e aceite de masaxes.
Sorrisos do corpo: A idea que na nosa cultura se ten do corpo como simple escultura é errónea. O corpo non é de marmol. A súa finalidade é a de protexer, conter e apoiar o espíritu que leva dentro, ser un receptáculo da memoria e enchernos de sentimento.
Neste regalo de tempo para nós mesmas que propoñemos neste taller os sorisos do corpo son unha segunda parte na que adicaremos un tempo a agasallarnos e a sorir co noso corpo. Para eso utilizaremos algunhas dinámicas de relaxación, de automasaxe e nos adentraremos no mundo da caricia.
Obxectivos:
- Coñecer o uso dos aceites esenciales, así como as súas propiedades.
- Buscar as esencias que mais se acheguen a nosa personalidade para configura-lo noso perfume persoal.
- Relaxar o noso organismo e a nosa mente através de masaxes coa axuda de aceites esenciais.
- Sorir.
Temporalización:
Dúas sesións de dúas horas cada unha. A primeira destinada á aromaterapia e a segunda a sorrisos do corpo.
Participantes:
Un máximo de quince mulleres o único requisito é que teñan unha boa mobilidade física para poder facer traballos no chán. |
|
|
|
|
| Sexualidade e muller |
|
A través desta proposta pretendemos dar un repaso non so ó concepto de sexualidade, necesario en este momento xa que hai bastante lío sobre o aspecto sexual humano, senón tamén na forma íntima e persoal que cada unha de nós ten á hora de experimentar e reflexionar sobre a propia sexualidade.
Alomellor este obradoiro pode ser un comezo para trocar o aspecto mais tabú da sexualidade femenina deixando claros algúns aspectos como que a sexualidade non é só órganos xenitais, senón que é unha dimensión que abarca todo o noso ser corporal, psicolóxico e social. O noso corpo é sexuado, os nosos desexos, identidade, afectos, roles sociais tamén son sexuados.
A sexualidade forma parte da nosa vida e como proceso vital de cada un de nós vai cambiando en cada etapa. Nunca é tarde para poñerse a coñecer, analizar e canalizar de xeito consciente ese proceso.
Contidos:
- Concepto de sexualidade.
- Identidade sexual.
- Afectividade e sexualidade.
- Desexo sexual. ( o pracer ).
Temporalización:
Catro sesións de tres horas cada unha.
Participantes:
Un máximo de quince mulleres de todas as idades. |
|
|
|
|
| EU MULLER POR DENTRO, EU MULLER POR FORA. |
|
Descrición:
Traballaremos a identidade de cada unha das mulleres participantes a través dunha proposta plástica. Se lle proporcionarán unhas caixas de cartón que terán que cubrir con recortes de revistas de xeito que a parte exterior da caixa reflexe a faceta da súa personalidade que está mais exposta e que a xente pode ver xa dende fora. A parte de dentro da caixa será a mais íntima aquela que somentes se pode ver si se destapa.
Obxectivos:
Traballar a nosa identidade.
Coñecernos e recoñecernos.
Analizar a nosa cara externa e a nosa cara interna.
Temporalización:
Tres horas continuadas.
Participantes:
Hasta un máximo de 15 mulleres por grupo.
|
|
|
|
|
| ARQUETIPOS DE MULLER. |
|
 Descrición:
Alguén me dixo un día que somos un autobús cheo de mulleres, para conducir a nosa vida nos imos turnando ó voltante. Creemos que é importante saber quen vai dentro do noso autobús e cal de nós conduce en cada momento.
Obxectivos:
Utilizando un conto fermosísimo “Princesas, olvidadas ou descoñecidas” iremos repasando os diferentes arquetipos de muller e recoñecendo algúns deles na nosa persoa.
Temporalización:
A duración deste obradoiro é de dúas horas e media. O mais axeitado é que as horas sexan continuas é dicir comezar e rematar o taller no mesmo día.
Participantes:
Mulleres de todas as idades ata un máximo de quince mulleres por grupo. |
|
|
|
|
| EDUCACIÓN SEXUAL EN GRAVEMENTE AFECTADOS: FORMACIÓN PARA OS PROFESIONAIS |
|
FORMACIÓN ESPECÍFICA: “TALLER DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL PARA TRABALLAR EN GRUPO CON PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL GRAVEMENTE AFECTADAS”.
FUNDAMENTACIÓN
Ultimamente se dirixen a nos moitas persoas que traballan en centros de educación especial e que se encargan fundamentalmente de persoas con discapacidade intelectual con unha afectación moi grave, nos diferentes encontros nos transmiten as dificultades que teñen no momento de abordar determinadas situacións de carácter sexual que lle plantexan os usuarios que teñen ó seu cargo. As dúbidas que nos trasladan son fundamentalmente: cómo responder ante estas situacións, hasta qué punto deben intervir, si está dentro das súas funcións atender aspectos da sexualidade dos usuarios dos centros, e qué poden facer no caso de non contar co apoio do centro.
As situacións de índole sexual coas que máis nos atopamos cando falamos de persoas con unha afectación grave son: masturbación en lugares públicos, tocamentos dos seus xenitais, masturbación compulsiva chegando a producirse nalgúns casos laceracións nos seus órganos sexuais, tocamentos con compañeiros, utilización de linguaxe e xestos obscenos, desnudez en público.
Faise evidente a necesidade dunha intervención ante situacións destas características, pero a realidade é que os profesionais dos centros atópanse nun difícil disxuntiva, por un lado está a necesidade de formación específica xa que moitos non teñen os coñecementos precisos para a intervención e por outro en demasiadas ocasións séntense sos, non teñen o apoio necesario da dirección e dos demais profesionais do centro.
No que se refire á preparación axeitada do educador/a, sinalamos que na liña educativa sexual, a falta de recursos persoais e de formación específica poden dar lugar a deformacións tanto nos alumnos como nos familiares. De tódolos xeitos o obxectivo da educación afectivo-sexual non é somentes a información, é preciso prestar atención tamén á necesidade que ten o educador de coñece-la personalidade das persoas coas que está a traballar, a súa evolución xenética e diferencial. Coñecer as situación que vive o adolescente ou adulto co que estamos a intervir é importante, non solo no ámbito familiar, senón tamén no marco de valores e contravalores que a sociedade presenta e que inflúen de xeito plural e inevitable.
De todo isto xurde a necesidade de plantexar unha acción formativa dirixida ós profesionais destas características.
OBXECTIVOS
- Conquerir das persoas participantes unha visión positiva do concepto de sexualidade.
- Reflexionar sobre a sexualidade das persoas con discapacidade intelectual.
- Proporcionar ferramentas de Educación Afectivo-Sexual para a súa incorporación ao traballo coas persoas con discapacidade intelectual..
TEMPORALIZACIÓN E PARTICIPANTES
Para un correcto desenrolo da actividade formativa consideramos que o mellor será que o grupo non supere as vinte persoas. As sesións serán de catro horas cada unha, con un descanso de media hora polo que si se fai pola tarde o horario podería ser de 16:00 h. a 20:30, o descanso non o incluimos nas catro horas para poder facer un máximo aproveitamento da formación.
En cantos os días de formación nos poremos en contacto para acordalos en función das necesidades dos participantes.
CONTIDOS
PROGRAMA CURTO: 16 HORAS.
Iª SESIÓN (4 horas): SEXUALIDADE E DISCAPACIDADE
Concepto de sexualidade.
Sexualidade nas persoas con discapacidade: dificultades para o seu desenrrolo positivo.
Análise DAFO da implantación dun programa de educación sexual nos centros.
A educación sexual: diferentes modelos.
O modelo Biográfico Profesional de Félix López.
Consenso na intervención dos tres sistemas, familia, centro, asistencia.
IIª SESIÓN (4 horas): PROFESIONAIS
Os/as profesionais responsables do programa, educadores sexuais?
Os coñecementos do profesional son importantes pero mais importante son as súas actitudes.
Desenrrolo da comunicación xestual e oral: linguaxe comprensiva e expresiva. (en termos relativos á sexualidade).
Estudio e análise dos casos aportados polos participantes.
Metodoloxía aplicable ós diferentes contidos.
IIIª SESIÓN (4 Horas): PROGRAMA
Pasos para o deseño dun programa de educ. sexual.
Pautas para a intervención: usuarios e familiares.
Definición dos contidos e áreas de intervención.
Método de análisis de discrepancias, rexistro da conduta, cuestionario DANES de expresión da sexualidade.
Tipos de intervención: resposta ante unha situación problemática ou educativa preventiva.
Sistemas de avaliación e seguimento.
IVª SESIÓN (4 horas): A INTERVENCIÓN COAS FAMILIAS
Tipos de familias: facilitadora, negadora, pasiva.
Contidos e metodoloxía de traballo coas familias.
A figura do interlocutor/a de referencia.
Tres modelos de intervención: traballo en grupo, atención individualizada ou modelo mixto. Ventaxas e inconvintes.
|
|
|
|
|
| “TALLER DE EDUCACIÓN AFECTIVO-SEXUAL PARA TRABALLAR EN GRUPO CON PERSOAS CON DISCAPACIDADE INTELECTUAL MEDIA OU LIXEIRA”. |
|
FUNDAMENTACIÓN
As persoas con discapacidade, teñen a súa propia sexualidade, a cal, non é nin maior nin menor que nas outras persoas, nin máis exaltada nin menos capacitada, simplemente é a súa sexualidade. Ésta forma parte da súa personalidade, e como tal debe ser considerada. O sexo non é algo que se ten ou non se ten é algo que se é, deste xeito cada un/unha de nós ten a súa propia forma de vivir e sentir a sexualidade, que non é nin igual nin parecida e non se pode someter a comparación coa dos demais porque é única, é propia de cada un/unha.
O peculiar das persoas con deficiencias psíquicas é a restricción á que se ven sometidos respecto a calquera contido de natureza sexual. Así que entre as súas propias dificultades e os obstáculos que como sociedade lles poñemos, o certo é que casi sempre a socialización sexual é escasa e torpe e dende logo nada ou moi pouco formalizada e elaborada. Noutras palabras: non é educativa.
Moitos dos conflictos sexuais das persoas con deficiencias intelectuais veñen do desaxuste entre a pulsión privada e as normas sociais. Ó noso entender o papel dos profesionais que traballamos, vivimos e sentimos con elas e eles ha de ser, iniciar unha línea de traballo que por un lado, en canto as normas sociais se refire, se encamiñe pola intregración e en cuanto ás persoas coas que traballamos reforzar a función socializadora e normalizadoras. En definitiva non estamos falando de nada novo son os principios que rixen a Educación Especial: integración e normalización.
A acción formativa que vimos a propoñer con este proxecto permite ser una ferramenta para os profesionais, na medida en que pretendemos formalos e entrenalos para iplantar un proxecto de educación sexual nos seus centros de traballo.
OBXECTIVOS
- Conquerir das persoas participantes unha visión positiva do concepto de sexualidade.
- Reflexionar sobre a sexualidade das persoas con discapacidade intelectual.
- Proporcionar ferramentas de Educación Afectivo-Sexual para a súa incorporación ao traballo coas persoas con discapacidade intelectual..
TEMPORALIZACIÓN E PARTICIPANTES
Para un correcto desenrolo da actividade formativa consideramos que o mellor será que o grupo non supere as vinte persoas. As sesións serán de catro horas cada unha, con un descanso de media hora polo que si se fai pola tarde o horario podería ser de 16:00 h. a 20:30, o descanso non o incluimos nas catro horas para poder facer un máximo aproveitamento da formación.
En cantos os días de formación nos poremos en contacto para acordalos en función das necesidades dos participantes.
CONTIDOS
PROGRAMA 24 horas:
I º BLOQUE A SEXUALIDADE E A DISCAPACIDADE
Concepto de sexualidade.
Sexualidade nas persoas con discapacidade: dificultades para o seu desenrrolo positivo.
Análise DAFO da implantación dun programa de educación sexual nos centros.
A educación sexual: diferentes modelos.
O modelo Biográfico Profesional de Félix López.
Consenso na intervención dos tres sistemas, familia, centro, asistencia.
IIº BLOQUE: INTERVENCIÓN EDUCATIVA EN GRUPO
Intervención educativa: Quén, como, qué transmitir.
O/A educador/a sexual: actitude e formación.
Necesidades formativas na área afectivo-sexual de cada un dos grupos.
Pasos para a elaboración dun programa de educación sexual.
Tres conceptos para traballar: Identidade sexual, desexo sexual e afectividade.
Contidos e metodoloxía das unidades didácticas.
Sistemas de avalación.
IIIº BLOQUE: INTERVENCIÓN EDUCATIVA INDIVIDUALIZADA
Protocolo de actuación.
Rexistro da conduta.
Biografía de Vida.
Mapas sexuais individualizados.
Traballo cos familiares.
IVº BLOQUE: TRABALLO COS FAMILIARES
Autorización dos familiares: primeira entrevista individualizada.
Constitución dos grupos de familiares, temporalización.
Contidos: O propio concepto de sexualidade.Ampliar o concepto de sexualidade. A educación afectivo-sexual. Consensuar os contidos do programa.
A actitude dos familiares ante a propia sexualidade e ante a dos seus fillos e fillas.
A actitude do/a profesional antes as familias: Normativa, combativa ou comprensiva.
Dinámicas cos grupos de pais e nais.
Vº BLOQUE: UNIDADES DIDÁCTICAS: ENTRENAMENTO DOS CONTIDOS E DA METODOLOXÍA
IDENTIDADE SEXUAL: Anatomía corporal, cambios no metabolismo, diferenciación sexual, identidade persoal, roles sexuais, mitos.
DESEXO SEXUAL: Orientacións sexual, orientacións claras para evitar o abuso sexual, sensacións e impulsos sexuais a importancia do seu control, diferenciación entre público e privado e entre apropiado e inapropiado, a masturbación.
AFECTOS: Formas axeitadas de expresión de afectos, condutas sexuais, anticoncepción, embarazo, parentabilidade, enfermidades de transmisión sexual, distinción entre fantasía e realidade. |
|
|
|
|
|
|
|
|
|