Ría de Vigo-Baixo Miño


Grupo de Acción Costeira da Ría de Vigo- Baixo Miño
Información sobre o Grupo de Acción Costeira Zona 7, que comprende os concellos costeiros da Ría de Vigo e do Baixo Miño. Formado a través do programa Acción Costeira (http://www.accioncosteira.es/)que ten como obxectivo xestionar a liña de acción dos Fondos Europeos de Pesca.

Quen somos
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Asemblea Xeral o 18 de marzo en Baiona

O 18 de marzo de 2010 está prevista a celebración da Asemblea Xeral do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo - A Guarda, na Capitanía Marítima de Baiona. A primeira convocatoria é as 19:00, e a segunda ás 19:30.
Os asuntos a tratar son os seguintes:
1.Acta da reunión anterior.
2.Xornadas de Difusión.
3.Resumen das Mesas celebradas.
4.Aprobación se procede, a conta xeral de ingresos e gastos do 2009, así coma o orzamento do ano 2010.
5.Admisión de novas entidades asociadas ao GAC.
6.Ratificación de acordos da Xunta Directiva (Modificación do baremo de proxectos, Programa Euroempleo, Adhesión á Rede Nacional e Europea de GAC…).
7.Asuntos varios.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-03-2010 16:27
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Percebiños de Baiona
PERCEBIÑOS DE BAIONA
A Agrupación de percebeiros/as de Baiona, traballa na busca de diferentes alternativas de diversificación do sistema de presentación do producto ca finalidade de ofertar ao/a consumidor/a un modo alternativo e complementario de degustación ao seu consumo en fresco.
De este xeito poñese no mercado a primeira conserva de percebe baixo a súa propia marca denominada “Percebiños de Baiona”.
Estas latas conteñen 150. gr. de percebe, de menor calibre, cocido al natural, con auga, loureiro e sal, e envasados de forma artesanal na súa auga de cocción , sen uña nen pel e listo para consumir .
A extracción do percebe en Baiona realízase de xeito artesanal e totalmente controlada, ademáis de ser a Agrupación de Percebeiros/as de Baiona a primeira en conseguila certificación “Pesca de Rías” para o seu percebe, o que garante a súa frescura e procedencia.
Por todo elo, “Percebiños de Baiona”, ofrece cunha presentación diferente a oportunidade de disfrutar de este marisco en calquera ocasión, a un precio asequible e cunha fácil preparación .
A comercialización do producto realizase a través da Lonxa de Baiona, coa seguinte dirección e persona de contacto de referencia:

LONXA –Baiona-Porto pesqueiro s/n
Tfno 986 38 50 36. Movil 669 380 366 Fax 986 35 61 29
Persoa de contacto: Beatriz Pérez Cedeira.
E-mail: lonjabaiona@cofradia.org
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 10-03-2010 16:15
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xornada do Desenvolvemento sostible das zonas de pesca no Marco do Fondo Europeo da Pesca
O 10 de febreiro de 2010, persoal do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo – A Guarda, asistiu á Xornada: “O Desenvolvemento sostible das Zonas de Pesca no Marco do Fondo Europeo da Pesca”.
Dona Susana Rodríguez Carballo (Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro) presentou a Xornada.
D. Paul Soto e Dona Mónica Burch (Unidade de apoio FARNET) explicaron “O eixe 4 do Fondo Europeo da Pesca: antecedentes, finalidade e medidas subvencionables. Exemplos de boas prácticas no sector pesqueiro en outros programas europeos”.
D. Jesús Gómez Serveis Territorials del DAR a las Terres de l´Ebre. Generalitat de Catalunya) expuxo “A experiencia de Cataluña no desenvolvemento territorial”.
Dona Belén Hernández Lafuente (Subdirectora de relacións cos grupos de acción local. Consellería de Medio Rural) explicou “A promoción do desenvolvemento rural en Galicia no marco dos fondos estructurais. A Experiencia de AGADER (Axencia Galega para o Desenvolvemento Rural)
Para finalizar, Dona María del Carmen Pita Urgoiti (Directora Xerente de Turgalicia. Consellería de Cultura e Turismo) comentou a “Valoración turística das zonas de pesca”.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-02-2010 10:23
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
VI Encontro de Mariscadoras. Facendo Camiño
Os días 8 e 9 de febreiro de 2010 tivo lugar, en Santiago de Compostela o "VI Encontro de Mariscadoras. Facendo camiño".
A ese encontro asistiu persoal do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo - A Guarda.
Inaugurou o encontro Dona Rosa Quintana Carballo (Conselleira do Mar) e Dona Susana Rodríguez Carballo (Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro).
A continuación as mariscadoras expuxeron a súa situación actual, e que avanzaron e onde queren chegar.
Dona Marta González Vázquez (Secretaria Xeral de Igualdade) falou da "Igualdade entre mulleres e homes, presente e futuro"
Dona María Jesús Tejada López (Xefa de área de Aguas de Galicia) tratou o tema de "A protección da calidade das augas. Competencias. Control de verquidos"
Dona Pilar Rioboo (Directora Xeral do Instituto Social da Mariña)explicou "O réxime especial de traballadoras/es do mar: a compatibilidade do marisqueo a pé con outras actividades. O Convenio especial. Enfermidades profesionais"
Dona Inmaculada Martin Biedma (Xefa do servizo de reclamacións, acreditacións, auditorías e calidade da Consellería de Sanidade) falou da "Seguridade social: o funcionamento da inspección médica"
Realizaron catro talleres de debate sobre problemas, posibles solucións e liñas de traballo:
- Organización
- Xestión do recurso
- Permiso de explotación
- Comercialización
D. Paul Soto e Dona Monica Burch (Unidade de Apoio FARNET) expuxeron "O papel do Fondo Europeo da Pesca (FEP) no desenvolvemento sostible das zonas de pesca. Os grupos de acción local"
D. Eduardo Suárez Campo (Subdirector Xeral de Desenvolvemento) expuxo as "Axudas para proxectos de desenvolvemento no marco da estratexia sostible dos GACs.
D. Antonio Rodríguez Fernández (Xefe do Servizo de mercados) tratou o tema "Identificar os productos de orixe galega: a marca PescadeRías"
D. Jose Manuel Parada Encisa (Investigador CIMA) explicou "O Plan de explotación: a ferramenta para a xestión do recurso"
Dona María José Martínez González (Agrupación de mariscadoras a pé" explicou "O preengorde de ameixa na confraría de Cambados. O traballo na batea"
D. Edgar No Couto (Biólogo do CIMA) expuxo "O preengorde de ameixa. Sistemas e resultados. O minicriadoiro de Camariñas"
Dona Susana Rodríguez Carballo (Directora Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro) clausurou a xornada.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 15-02-2010 10:08
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xornadas de Presentación do GAC Ría de Vigo - A Guarda
Durante os meses de xaneiro e febreiro de 2010 celebraranse actividades de difusión do GAC Ría de Vigo - A Guarda, consistentes en Xornadas de Presentación.
- 26 de xaneiro (19:30 h): Presentación do GAC 7 na Capitanía Marítima de Baiona para os posibles promotores de Baiona, Nigrán e Oia.
- 2 de febreiro (19:30 h): Presentación do GAC 7 no Concello de A Guarda para os posibles promotores de A Guarda e o Rosal.
- 4 de febreiro(19:30 h): Presentación do GAC 7 no Concello de Redondela para os posibles promotores de Redondela, Soutomaior e Vilaboa.
- 9 de febreiro (19:30 h): Presentación do GAC 7 no Concello de Cangas, para os posibles promotores dos Concellos de Cangas e Moaña.

Máis información no teléfono 986358109 ou no correo electrónico gacvigoaguarda@yahoo.es
Comentarios (0) - Categoría: Documentación - Publicado o 22-01-2010 15:25
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Real Decreto 1740/2003, de 19 de decembro, sobre procedementos relativos a asociacións de utilidade pública
Segundo a "Orde do 27 de agosto de 2009, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para proxectos ao abeiro dos plans estratéxicos zonais, aprobados pola Consellería do Mar aos grupos de acción costeira para o ano 2009" poderán ser beneficiarios dos proxectos de investimento non produtivo: entidades públicas locais, confrarías de pescadores, asociacións do sector pesqueiro e asociacións declaradas de utilidade pública.

Poden acceder ao "Real Decreto 1740/2003, de 19 de decembro, sobre procedementos relativos a asociacións de utilidade pública" premendo sobre o enlace.
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-12-2009 17:06
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Xornada final de presentación de resultados das accións proxecto Nada pola Borda
O obxectivo xeral desta inciativa é coñecer o estado ambiental en canto a residuos que xacen no leito mariño dos caladoiros de pesca de Galicia, así como a súa análsie e caracterización, co gallo de axudar a xestionar-reducir a cantidade deses residuos e seguir promovendo a concienciación ambiental no sector.

Con tal motivo, vai ter lugar unha Xornada final de presentación de resultados das accións-Nada pola Borda, o vindeiro día 18 de decembro de 10-12 da mañá no CETMAR (Vigo)

Por motivos de organización,precísase confirmación de asistencia antes do xoves 17 de decembro inclusive, por calquera dos seguintes medios:
- E-mail: iiglesias@cetmar.org e xanlueiro@cetmar.org
- Telef: 986 247047 (Ext. 81) Isabel Iglesias. // 986 247047 (Ext. 609) Xoán Lueiro.
- Fax: 986296019


Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-12-2009 13:44
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Convocatoria Asemblea Xeral GAC Ría de Vigo-A Guarda
O venres, 18 de decembro terá lugar a Asemblea Xeral do Grupo de Acción Costeira Ría de Vigo - A Guarda, no Centro Cultural de Vilaboa, ás 18:30 horas en primeira convocatoria, e ás 19:00 horas en segunda convocatoria.

Os asuntos a tratar son os seguintes:
1. Acta anterior
2. Informe de situación do GAC, legalización e convenio coa Xunta
3. Informe do proceso de selección e ratificación do persoal
4. Informe da situación das axudas
5. Informe sobre a instalación da oficina do GAC en Baiona, aprobación se procede
6. Revisión e actualización do Plan Estratéxico-PEIXE
7. Modificación estatutariado do enderezo GAC
8. Plan de traballo 2010
9. Rogos e preguntas
Comentarios (0) - Categoría: Xeral - Publicado o 16-12-2009 13:31
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
LONXA DE INNOVACION DO MAR
O próximo 26 de novembro terá lugar no centro social Caixanova de Vigo a xornada Lonxa de innovación do Mar

Pode inscribirse electrónicamente a través do enlace dentro da páxina http://www.feuga.es antes do mércores 25 de novembro.

Para mais información pode chamar aos teléfonos 986 812 665 ou 981 534 180 ou enviar un correo electrónico a feuga@feuga.es

www.feuga.es
Comentarios (0) - Categoría: Documentación - Publicado o 23-11-2009 14:41
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Listaxe definitiva dos proceso de selección
Recibida a comunciación da Comisión de selección de persoal a respecto do proceso de selección do GAC-7, fanse públicas as listaxes definitivas de candidatos:

posto de xerencia

posto de técnico-administrativo

Comentarios (0) - Categoría: Análise - Publicado o 10-11-2009 17:46
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2] [3] [4]
© by Abertal