Seguro que dentro duns anos se falará dos tempos de antes e de despois do Frikiroga.
O Frikiroga reuniu umha energia potentíssima ao pé do Courel num dia e umha noite onde gente de Quiroga e do resto do mundo compartimos um conjunto de emoçons impossíveis de descreber com palavras.
Estas poucas fotos do Frikiroga 2008 podem ajudar a olhar o que sucedeu, mas só som umha sombrinha do que realmente se viveu no campo da Hermida. Faltariam tantas fotos!
A Santa Companha, Nunca se Sabe e Kaín 233, os Ultraqans, os Ruxe-Ruxe, os Armadanças, os Veraneantes, o Circo de Pulgas, a gente da chave e o resto da tropa trouxerom a Quiroga música e formas de expresom realmente inéditas neste concelho, fazendo do Festival Frike um lugar de grande emoçom pública.
Mas sem dúbida o momento histórico da noite foi a actuaçom de Cañita Brava, acompanhado por alguns dos melhores e mais bravos músicos do país. Cañita Brava, Canhita Bravu!
Cañita, que atraeu a Quiroga um feixe de seguidor@s de toda Galiza, descubriu-se tamem diante da gente mais escéptica como um verdadeiro crack, um fóra de série ao que nom lhe custou muito pór a bailar, choutar e goçar, com umha música popular e chea de humor, a todo o público do concerto.
Umha sorpresa!, era o comentário da noite entre a gente que se entregou a esse home que goça grandemente enriba do escenário e que contagia a sua emoçom a um público que, no Frikiroga, acabou pedindo bises e bises e bises dos grandes éxitos do Hendrix das Tarrañolas.
Umha aperta, Cañita, gracinhas, foi todo um pracer.
A organizaçom do Frikiroga quer agradecer o bom rolinho d@s frikis e nom frikis que vos achegastes onte ao pé do Courel, e enviar um saúdo a toda a gente que ajudou a difundir esta festa que, como sabedes, tinha como fim recadar fondos para começar a rehabilitaçom da Escola de Soldom da Seara.
Foi umha aventura, obrigad@s por comparti-la e participar.
Nos duros tempos da desafecçom social e do uniformismo cultural, seguimos aí, dando-lhe canha!
Brava!
...
O número premiado no sorteo do "Lote de produtos da comarca" será o número que coincida com os tres últimos do sorteo da ONCE do venres 9 de maio. @ frike premiado pode pór-se em contacto com nós através do email deste blog.
Cañita Brava e Xurxo Souto, cara a cara, falarom sobre umha das meirandes emoçons desta vida: a música!!!!!
Presentaçom da entrevista com música do Merengue Caña Brava, da orquestra Finisterre:
- Boa tarde, Cañita!
- Buenas Tardes!
- Boa tarde, Cañita, o dia 3 vai estar no Frikiroga cumha banda de novos músicos... Como vai ser essa actuaçom no Frikiroga? Como van esses ensaios para esta actuaçom?
- Esta actuación sale bien, de este nuevo disco mío, que quité en diciembre, ya lo anunciara Santiago Segura, y la música ya se quitó, por los músicos nuevos. Cogieron la música de mi disco nuevo.
- Cañita Brava que no Frikiroga estará acompañado por grandes músicos, como Antón, dos Papaqueixos, Xico e Cristina de Sonoro Machine, que acompanharam a este músico dos Castros da Corunha... Vai ser a primeira actuaçom. Vai actuar tamem por Cantábria, conte-nos, por onde vai actuar?
- Por Vascongada y Asturias...
- E en Galicia vai actuar mais vezes?
- Me parece que, no se, en Coruña con la orqueta Hollywood, que pondrán ellos la pantalla de la televisión.
- O disco inclue temas como o pasodobre de Celanova e o Caldo de María, que mais temas inclue esse disco?
- La marcha yanqui y la creación nueva de cumbia.
- Onde podemos conseguir esse disco?
- El disco ahora lo llevo para Quiroga, veinticinco discos para la venta.
- Podes cantar-nos um pouquinho do Caldo de María...
FRIKIROGA: UNHA FESTA FRIKI PARA REHABILITAR UNHA ESCOLA NO COUREL
O vindeiro 3 de maio terá lugar en Quiroga (Lugo), na parroquia da Hermida, un festival cultural e musical para recadar diñeiro para a restauración e o proveito como local social e veciñal da escola de Soldón da Seara, aldea do Courel.
Frikismo social e cultural
Frikiroga preséntase co impulso dun grupo de xente nova da comarca como unha festa de frikis cun frikismo moi particular e socialmente admirable: o interese pola revitalización do Courel e a dinamización cultural dunha comarca con pouca oferta para a xente nova.
Ruxe Ruxe e Cañita Brava
Baixo o lema “Tod@s somos frikis” a “Festa non-stop” contará coa presenza de grupos como Ruxe-Ruxe, Santa Compaña, Nunca Se Sabe & Kain233, Armadanzas e Ultraqäns, así como a presenza do chamado “Hendrix das Tarrañolas”, o cantante Cañita Brava.
Animarán o Frikiroga, ademais a banda de gaitas O recanto e a Charanga Os Veraneantes.Zona de Acampada de valde.
Circo de pulgas e competicións deportivas post-modernas
A “Parada do freaks galaic@s”, o Frikiroga, contará coa presenza do internacional Circo de Pulgas Carruselo ou Galiza Pulgas Circus. E da mestura entre o tradicional xogo da chave e a play station aparece a primeira competición deportiva “friki e postmoderna” galega. Dentro deste ambiente lúdico-festivo tamén terá lugar o 1º Campionato de Liado de Cigarros, -en categoría de velocidade e artística- alén doutros xogos populares, na mañá do sábado 3 de maio
A Escola de Soldón
Foto de Roberto Ribao
A Escola de Soldón foi construída no espazo comunal da aldea e con aportacións e man de obra dos veciños e veciñas en 1939. Un ano máis tarde a escola estaba rematada e os nenos e nenas comezaban a recebir clases.
No ano 1974 abren a "Escola Fogar" en Quiroga e pechan a unitaria de Soldón, e apartir daquela o edificio deriva nun estado de ruína.
O Frikiroga quere ser un instrumento para axudar a abrir ao mundo outra vez as portas da escola de Soldón da Seara.