frikiroga


Tod@s somos frikis!
Free Quiroga!

O meu perfil
frikiroga@gmail.com
 CATEGORÍAS
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

Frikiroga na TVG
Comentarios (0) - Categoría: A festa - Publicado o 06-05-2008 19:05
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Mais frike-fotos
































Comentarios (0) - Categoría: A festa - Publicado o 06-05-2008 18:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Cañita Brava-Canhita Bravú: O Caldo da María


No Frikiroga 2008, acompanhado polos Armadanzas Ico, Cris, Jaime, Antón e Fran.
Comentarios (0) - Categoría: A festa - Publicado o 06-05-2008 10:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Friki-fotos no Frikiroga





































Seguro que dentro duns anos se falará dos tempos de antes e de despois do Frikiroga.

O Frikiroga reuniu umha energia potentíssima ao pé do Courel num dia e umha noite onde gente de Quiroga e do resto do mundo compartimos um conjunto de emoçons impossíveis de descreber com palavras.

Estas poucas fotos do Frikiroga 2008 podem ajudar a olhar o que sucedeu, mas só som umha sombrinha do que realmente se viveu no campo da Hermida. Faltariam tantas fotos!

A Santa Companha, Nunca se Sabe e Kaín 233, os Ultraqans, os Ruxe-Ruxe, os Armadanças, os Veraneantes, o Circo de Pulgas, a gente da chave e o resto da tropa trouxerom a Quiroga música e formas de expresom realmente inéditas neste concelho, fazendo do Festival Frike um lugar de grande emoçom pública.

Mas sem dúbida o momento histórico da noite foi a actuaçom de Cañita Brava, acompanhado por alguns dos melhores e mais bravos músicos do país. Cañita Brava, Canhita Bravu!

Cañita, que atraeu a Quiroga um feixe de seguidor@s de toda Galiza, descubriu-se tamem diante da gente mais escéptica como um verdadeiro crack, um fóra de série ao que nom lhe custou muito pór a bailar, choutar e goçar, com umha música popular e chea de humor, a todo o público do concerto.

Umha sorpresa!, era o comentário da noite entre a gente que se entregou a esse home que goça grandemente enriba do escenário e que contagia a sua emoçom a um público que, no Frikiroga, acabou pedindo bises e bises e bises dos grandes éxitos do Hendrix das Tarrañolas.

Umha aperta, Cañita, gracinhas, foi todo um pracer.

A organizaçom do Frikiroga quer agradecer o bom rolinho d@s frikis e nom frikis que vos achegastes onte ao pé do Courel, e enviar um saúdo a toda a gente que ajudou a difundir esta festa que, como sabedes, tinha como fim recadar fondos para começar a rehabilitaçom da Escola de Soldom da Seara.

Foi umha aventura, obrigad@s por comparti-la e participar.

Nos duros tempos da desafecçom social e do uniformismo cultural, seguimos aí, dando-lhe canha!

Brava!


...

O número premiado no sorteo do "Lote de produtos da comarca" será o número que coincida com os tres últimos do sorteo da ONCE do venres 9 de maio. @ frike premiado pode pór-se em contacto com nós através do email deste blog.










Comentarios (4) - Categoría: A festa - Publicado o 04-05-2008 21:58
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Graffitis na Escola de Soldón




Véspera do Frikiroga 2008
Comentarios (0) - Categoría: Escola de Soldón - Publicado o 04-05-2008 20:45
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Programa do Frikiroga


FRIKIROGA: 3 de maio, parroquia da Hermida, Quiroga.

Mañá:

12.30; Circo de Pulgas Carruselo, Galiza Pulgas Circus. Pensado para nen@s de até 8 anos.

E xogos populares infantís variados.
Xantar de refrescos gratis para @s nen@s!

Tarde:

17.00: Xogos populares para adultos.
1º Campionato Mundial de Liado de Cigarros. Modalidades artística e de velocidade.


19.30: Concertos:

Santa Compaña, Nunca Se Sabe & Kain233, Cañita Brava & Armadanzas, Ruxe-Ruxe & Ultraqäns



Animación durante toda a xornada:
Banda de Gaitas O Recanto
Charanga Os Veraneantes

Zona de acampada de valde.
Ao longo do dia manteranse abertos posto que servirán comida e bebida.

Lembra que a recadación do Festival está destinada á recuperación da escola de Soldón da Seara.
Participa!

Comentarios (2) - Categoría: A festa - Publicado o 02-05-2008 12:49
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Durmida no Frikiroga


Se ves ao Frikiroga e nom tes onde durmir, proba no Albergue de Quiroga!

Reserva: 669 812 659



Comentarios (1) - Categoría: A festa - Publicado o 30-04-2008 17:21
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
Frikiroga em Aberto por Reformas


Cañita Brava e Xurxo Souto, cara a cara, falarom sobre umha das meirandes emoçons desta vida: a música!!!!!

Presentaçom da entrevista com música do Merengue Caña Brava, da orquestra Finisterre:

- Boa tarde, Cañita!

- Buenas Tardes!

- Boa tarde, Cañita, o dia 3 vai estar no Frikiroga cumha banda de novos músicos... Como vai ser essa actuaçom no Frikiroga? Como van esses ensaios para esta actuaçom?

- Esta actuación sale bien, de este nuevo disco mío, que quité en diciembre, ya lo anunciara Santiago Segura, y la música ya se quitó, por los músicos nuevos. Cogieron la música de mi disco nuevo.

- Cañita Brava que no Frikiroga estará acompañado por grandes músicos, como Antón, dos Papaqueixos, Xico e Cristina de Sonoro Machine, que acompanharam a este músico dos Castros da Corunha... Vai ser a primeira actuaçom. Vai actuar tamem por Cantábria, conte-nos, por onde vai actuar?

- Por Vascongada y Asturias...

- E en Galicia vai actuar mais vezes?

- Me parece que, no se, en Coruña con la orqueta Hollywood, que pondrán ellos la pantalla de la televisión.

- O disco inclue temas como o pasodobre de Celanova e o Caldo de María, que mais temas inclue esse disco?

- La marcha yanqui y la creación nueva de cumbia.

- Onde podemos conseguir esse disco?

- El disco ahora lo llevo para Quiroga, veinticinco discos para la venta.

- Podes cantar-nos um pouquinho do Caldo de María...

- O cal..., o cal..., o caldo de María sabe mal!

- Como empezou a tocar as tarrañolas?

- Pues aprendi yo.



Día tres de maio, tod@s a Frikiroga!

A entrevista aqui, en Aberto por Reformas, antes das 16.30.
Comentarios (1) - Categoría: A festa - Publicado o 29-04-2008 01:37
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
FRIKIROGA
FRIKIROGA: UNHA FESTA FRIKI PARA REHABILITAR UNHA ESCOLA NO COUREL

O vindeiro 3 de maio terá lugar en Quiroga (Lugo), na parroquia da Hermida, un festival cultural e musical para recadar diñeiro para a restauración e o proveito como local social e veciñal da escola de Soldón da Seara, aldea do Courel.

Frikismo social e cultural

Frikiroga preséntase co impulso dun grupo de xente nova da comarca como unha festa de frikis cun frikismo moi particular e socialmente admirable: o interese pola revitalización do Courel e a dinamización cultural dunha comarca con pouca oferta para a xente nova.

Ruxe Ruxe e Cañita Brava



Baixo o lema “Tod@s somos frikis” a “Festa non-stop” contará coa presenza de grupos como Ruxe-Ruxe, Santa Compaña, Nunca Se Sabe & Kain233, Armadanzas e Ultraqäns, así como a presenza do chamado “Hendrix das Tarrañolas”, o cantante Cañita Brava.
Animarán o Frikiroga, ademais a banda de gaitas O recanto e a Charanga Os Veraneantes.Zona de Acampada de valde.

Circo de pulgas e competicións deportivas post-modernas



A “Parada do freaks galaic@s”, o Frikiroga, contará coa presenza do internacional Circo de Pulgas Carruselo ou Galiza Pulgas Circus. E da mestura entre o tradicional xogo da chave e a play station aparece a primeira competición deportiva “friki e postmoderna” galega. Dentro deste ambiente lúdico-festivo tamén terá lugar o 1º Campionato de Liado de Cigarros, -en categoría de velocidade e artística- alén doutros xogos populares, na mañá do sábado 3 de maio

A Escola de Soldón



Foto de Roberto Ribao

A Escola de Soldón foi construída no espazo comunal da aldea e con aportacións e man de obra dos veciños e veciñas en 1939. Un ano máis tarde a escola estaba rematada e os nenos e nenas comezaban a recebir clases.

No ano 1974 abren a "Escola Fogar" en Quiroga e pechan a unitaria de Soldón, e apartir daquela o edificio deriva nun estado de ruína.

O Frikiroga quere ser un instrumento para axudar a abrir ao mundo outra vez as portas da escola de Soldón da Seara.

Mais frikis, imposible!
Comentarios (3) - Categoría: Que é Frikiroga? - Publicado o 24-04-2008 20:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
A Escola de Soldón
Comentarios (0) - Categoría: Escola de Soldón - Publicado o 23-04-2008 16:40
# Ligazón permanente a este artigo
Chuza! Meneame del.icio.us digg Fresqui
1 [2]
© by Abertal
Estadisticas y contadores web gratis
Estadisticas Gratis