A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

TALLER DE POESÍA CAIXANOVA
Desde hoxe 14 de setembro, e ata completar as prazas ( só hai 15 ), está aberto o prazo de inscripción no Taller de Poesía que vou impartir desde o vindeiro día 1 de Outubro, no Centro Social Caixanova de Vigo, entre as 6 e as 8 do serán. Había xa algún tempo que non facía este taller en Vigo e había xente reclamándoo.
O curso consta de oito sesións. Remata en Xaneiro e o seu prezo é de 60 euros.
Quen teña interese en inscribirse ten que pasarse por calquera oficina de Caixanova.
Ánimo. O único requisito é terlle amor á literatura e moitas, moitas, gañas de escribir.
( A semana que vén dareivos noticia de cando se abre o prazo para o Taller Literario na Coruña )
Categoría: Xeral - Publicado o 14-09-2007 09:03
# Ligazón permanente a este artigo
A FORZA DA LITERATURA
Leo unha entrevista coa Primatóloga Jane Goodall na que se nos demostra con absoluta claridade a forza da literatura. O entrevistador dille que de pequena, ela namorara de Tarzán. Copio a resposta da científica:
Sí. Tendría 11 años cuando leí las novelas. ¿Y qué hizo él? Se casó con la otra, Jane. ¡Me moría de celos! [Ríe] En ese momento decidí que quería ir a África. No para encontrar a Tarzán, pero sí el mundo mágico que aparecía en los libros.
Velaí a forza das historias. Leu os libros e rematou dedicando a súa vida aos gorilas africanos. Cantos de nós teremos sido influídos sen nos decatar por centos de lecturas da infancia.
Velaí unha das grandezas da palabra. Da palabra ben contada.
Categoría: Xeral - Publicado o 13-09-2007 12:11
# Ligazón permanente a este artigo
¿POR QUE NOS GUSTA O PRINCIPIÑO?
Leo unha entrevista co espelido actor Eduardo Casanova quen, ademais de interpretar a o histriónico Fidel en Aída, é O Principiño no teatro.
Alí di algo que coido que sentimos moitos por esta personaxe. Que nos identificamos con el. E que a xente, cando medra, vólvese estúpida.
Lin O Principiño, por primeira vez, na adolescencia. E lin un libro. E hai un par de anos fíxeno de novo na estupenda traducción de Carlos Casares. E lin outro libro.
Velaí un dos nosos grandes personaxes amados.

Categoría: Xeral - Publicado o 11-09-2007 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
¿SERÍAN CAPACES DE FACER ISTO HOXE OS ALUMN@S DE SECUNDARIA?
Veño de rematar a lectura dun libro ( o mes que vén comezo de novo cos meus Talleres Literarios, e estou quentando motores ) dunha escritora chamada Francine Prose e titulado Cómo lee un buen escritor. Técnicas de lectura de los grandes maestros ( Ares y Mares ). É un texto que, como ben indica o subtítulo, pretende dar claves de lectura de grandes obras da historia da literatura.
O que me interesa é compartir con vós un texto do comezo, cando fala do seu paso polo ensino secundario e dos traballos que lle mandaban facer.
Copio: Cuando era una joven estudiante de secundaria, nuestro profesor de lengua inglesa nos propuso un trabajo sobre la ceguera en Edipo Rey y El Rey Lear. Nuestra tarea era bucear en las dos grandes tragedias, detectar cada referencia que hubiera a la visión, los ojos, la luz y la oscuridad, y, después, esbozar algunas conclusiones sobre las que redactar nuestro trabajo final.
Agora, a pregunta simpática ( e así debatemos sobre o nivel no ensino ): ¿sería capaz un estudante de secundaria en España de facer este tipo de traballo?
Categoría: Xeral - Publicado o 10-09-2007 09:12
# Ligazón permanente a este artigo
A LINGUA SERVE PARA DICIR QUÉROTE
Aló polo mes de Maio celebraba aquí a posta en marcha da iniciativa Xeración, E Logo!, que ten como obxectivo mentalizar aos pais e nais de Galicia da importancia de transmitir a nosa fala ás súas crianzas.
Onte, e dentro da campaña, fomos moitos os que gozamos, na Praza da Estrela de Vigo, das actuacións de Miguel de Lira, o Mago Romarís, e das músicas de Xabier Díaz e da grandísima Mercedes Peón.
Marchamos para casa, toda a familia, cos nosos axóuxeres ( fermosísima verba ), cuns panos para a cabeza ( ata eu, que son calvo calviño puxen un ) e cunha especie de cativo libriño titulado Arrolos e xogos de iniciación para transmitir palabras e afectos.
Como xa dixen na anterior ocasión, velaí a grandeza dunha lingua: serve para dicir quérote.
Categoría: Xeral - Publicado o 07-09-2007 09:26
# Ligazón permanente a este artigo
UN LITERATO É UN HOME INDEPENDENTE

No libro de Kerouac do que falo sen parar, hai un intre especialmente divertido.
Estamos en plena Segunda Guerra Mundial, e Kerouac está facendo a instrucción militar. Pero un día comprende que non ten por que estar alí, aturando os berros incomprensibles de xente aínda máis incomprensible. Levaba días coa idea de deixar de desfilar. E un día, fíxoo. Marchou da súa formación, deixou o fusil no chan e foi para a litera, a ler.
O certo é que os responsables militares andaban preocupados porque nos tempos de descanso ¡¡¡lía libros!!! o cal lles facía pensar que era un tipo perigoso. Decidiron, xa que logo, que estaba tolo, puxéronlle unha camisa de forza e metérono nun manicomio militar.
Transcribo, agora, parte do diálogo que tivo cun médico que lle pregunta "quen cre que é" despois de botarlle un ollo á novela que andaba Kerouac a escribir. Respondeulle que el era un literato e que un literato é un home independente. O médico, que non entende nada, pregunta:
- ¿E que significa iso?
- Iso significa, señor, pensamento independente.

Ese era Kerouac e a iso aspiro.
Categoría: Xeral - Publicado o 06-09-2007 11:06
# Ligazón permanente a este artigo
DROGADICTOS TODOS

Sego a voltas co libro de Kerouac do que xa falei noutras ocasións.
Hai un intre no que di: "Todo o mundo drógase con algo".
Desde logo, leva razón. Porque todos, comprobado de que vai isto de vivir en sociedade, procuramos unha porta pola que escapar.
Kerouac e outros fixérono pola vía química (drogas puras e duras ). Pero outros dróganse coa televisión, ou coa moda, ou co fútbol, ou consumindo compulsivamente.
Os que me coñecedes sabedes que eu escapo do mundo lendo libros. Esa é a miña droga. O meu xeito de estar noutro lugar mellor. Abro as páxinas e déixome secuestrar. Mentres leo non existo e nada me preocupa. Mentres leo son do libro.
E nin son capaz de deixalo nin penso.
Coma a moza da foto, a miña adicción permíteme enfrontarme, e soportar, un mundo que non me gusta. Coma a moza da foto, a miña adicción permíteme enfrontarme, e ofrecerlle algo mellor, ao mundo.
Disimulen esta confesión tan íntima.
Categoría: Xeral - Publicado o 05-09-2007 09:16
# Ligazón permanente a este artigo
DICIR O QUE SE PENSA

No libro que vos recomendei o outro día, Kerouac di: Se non dis o que pensas, ¿que sentido ten escribir?
Houbo unha época na que todo o mundo esperaba que a xente da cultura alzase a súa voz e aproveitase as plataformas coas que conta para deitar opinións, apoiar causas... poñendo a súa palabra ao servizo das ideas máis nobles. Hoxe en día a miña sensación é que en moitos casos demasiada xente anda desaparecida. Incluso hai moita xente, da cultura, que opina que o único traballo do creador é, precisamente, crear.
Eu penso, nisto, coma Kerouac. Se escribo, entre outras cousas é para dicir o que penso. E se non, pois non escribo.
Categoría: Xeral - Publicado o 04-09-2007 09:10
# Ligazón permanente a este artigo
OS COMEDORES DE PATACAS ( CON GRELOS )

Desde o Consello da Xuventude de Galicia pedíronme un artigo sobre a lingua para a web, interesantísima, Lingua de Amor.
Tituleino, con permiso de Rivas, Os Comedores de Patacas ( con Grelos ).
Se queredes lelo, facede clic aquí e despois sobre o título do artigo.
Que vos presten os grelos!!!
Categoría: Xeral - Publicado o 03-09-2007 08:52
# Ligazón permanente a este artigo
[1] 2
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0