A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

A LINGUA. O SEXO. A LITERATURA

Fálase moito nos medios da novela da escritora siria Salwa al Neimi, A comprobación a través do mel, unha novela erótica que aposta polo pracer sexual como pórtico do paradiso ( imposible non concordar ) e que se atreve, incluso, a ampararse nos autores clásicos do mundo árabe para demostrar que o erotismo ( ou felicidade sexual, coma ela di ) tivo de sempre un gran predicamento entre esa cultura.
O libro, por suposto, está prohibido nunha manchea de países onde a relixión segue dictaminando a política. Supoño que ao escándalo que aos vaticanos e señores das fatwas sempre lles produce o asunto da felicidade sexual, hai que engadir que, neste caso, ademais, é unha muller quen fala sen pelos ( ou con eles ) na lingua. E iso aínda os escandaliza máis ( por medo á liberdade feminina ) e fai que se volvan máis ( estupidamente ) reaccionarios e censores.
Isto é unha traxedia.
Porque a literatura ademais de libre, é erótica en si mesma. A literatura sempre é a imaxinación doutros mundos, doutras persoas, doutras maneiras de sentir. É fantasía. O erotismo, xa que logo, é algo consubstancial a ela mesma. Porque hai algunha clase de pracer en ler un texto ben escrito aínda que non sexa de temática erótica.
É unha mágoa o que lle pasa a esta señora.
O ataque contra dela é un ataque contra da felicidade, erótica, literaria, de todos nós.
Categoría: Xeral - Publicado o 03-07-2008 23:51
# Ligazón permanente a este artigo
SINATURA NA FEIRA DO LIBRO DE VIGO
Aviso para todos os náufrag@s lectores deste blog.
Mañá mércores 2 de Xullo estarei, a partir das 20.30 horas, asinando os exemplares das miñas obras que teñades a ben achegarme, na Feira do Libro de Vigo.
Será un pracer enorme parolar con todos e con todas abeirados polos libros e as árbores da Alameda viguesa.
Categoría: Xeral - Publicado o 01-07-2008 23:00
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal