A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

XA NON HAI RESPECTO

Hai por aí un anuncio de coches que pretende facer que pensemos na liberdade e os anceios de aventura que transmitiu Jack Kerouac ( na foto ) no seu On the road. Se o etílico e canso e xenial Jack vira o anuncio probablemente iría correndo a un concesionario a prenderlle lume. A subversión convertida precisamente no máis conservador que hai: o consumo.
Noutro, sae Einstein asociado a non sei que produto. E non hai moito, outro anuncio, paréceme que tamén de coches, sacaba a John Lennon cantando o God, unha canción nihilista e destructiva e anti-sistema ( o John pásase toda a canción dicindo I don't believe... e acaba con todo ) como o seu pano de fondo inductor ao consumo do vehículo en cuestión.
Un completo disparate.
Velaquí a demostración da forza do capitalismo, que é capaz de coller produtos pensados para atacar con dureza ao sistema e, lavándolles a cara, facelos pasar como xustamente o contrario do que eran cando foron concibidos: invitación ao consumo, ao conservadurismo, á quietude e, en definitiva, á estupidez colaboracionista.
Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2008 22:54
# Ligazón permanente a este artigo
CONTRA OS GRANDES APOCALÍPTICOS

Hai moito tempo que dimitín da lectura de Almudena Grandes. Cando novo, aínda lle lin as súas primeiras obras. Non me desagradaron. Sen embargo, hai ben de tempo que non dou entendido o por que do entusiasmo colectivo polas súas novelas.
Coma sempre digo nestes casos: estou certo de que o problema é meu. Tantos lectores contentos non poden estar trabucados...
Sen embargo, parécenme moito máis atinadas, ás veces, as súas opinións. Concretamente o que falaba o outro día en El País entrevistada co gallo da súa participación na Feira do Libro de Madrid ( xa explicamos o que pasa coas nosas feiras e o caso que nos fan os medios de aquí ).
Copio e suscribo: Las nuevas tecnologías no afectarán a la literatura ni al libro como objeto. No murió el teatro, mucho menos morirá el libro. No pesa, no necesita alimentación eléctrica, le puede dar el sol o puede incluso mojarse. Los apocalípticos se han equivocado siempre.
Grandes argumentos contra a Apocalipse.
Categoría: Xeral - Publicado o 03-06-2008 23:44
# Ligazón permanente a este artigo
¿QUE PASA COS XORNAIS AQUÍ?
Vexo a prensa de Madrid e comprobo que, desde que hai uns días comezou a Feira do Libro nesa cidade, dedican páxinas e páxinas a informar das novidades e a entrevistar aos autores e autoras que visitan a Feira, axudando así á súa promoción e á difusión da súa obra.
A pregunta, xa que logo, é obvia:
¿que pasa para que os medios galegos, durante as nosas feiras, case que toda a información que dán é, sobre todo, a da axenda cos actos do día e pouco máis?, ¿será a nosa literatura pouco interesante para a prensa de nós?
Categoría: Xeral - Publicado o 02-06-2008 22:57
# Ligazón permanente a este artigo
UN XOGO ( UN PESADELO )

Esta semana, no meu artigo en A Nosa Terra, propoño un xogo ( de pesadelos ).
Categoría: Artigos en A NOSA TERRA DIARIO - Publicado o 01-06-2008 23:47
# Ligazón permanente a este artigo
[1] [2] 3
© by Abertal

Warning: Unknown: Your script possibly relies on a session side-effect which existed until PHP 4.2.3. Please be advised that the session extension does not consider global variables as a source of data, unless register_globals is enabled. You can disable this functionality and this warning by setting session.bug_compat_42 or session.bug_compat_warn to off, respectively in Unknown on line 0