A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NÓS/ELES

Velaí o título do meu artigo desta semana en A Nosa Terra.
Pódelo ler aquí.
Categoría: Artigos en A NOSA TERRA DIARIO - Publicado o 31-01-2009 21:55
# Ligazón permanente a este artigo
A

A pasada fin de semana, volvendo de Betanzos, descobrín, avergoñado, que a galegofobia non só a practican os que xa sabemos, senón que tamén hai moito galegófobo anónimo.
Todos lembramos como durante anos houbo que aturar - e de feito de cando en vez volve o asunto - aquela sucesións de eles ( L ) postas diante do A de A Coruña, polos que insisten (ex-alcalde á cabeza ) en chamarlle á cidade como non se chama.
Hai que ser parvos. É como se eu me empeño en que a miña chámase BIGO con B ou, moito mellor, Liverpool.
A cousa semellou amainar.
Ou cambiar de forma.
Porque o que atopei nun sinal, saíndo de Betanzos, foi unha indicación que marcaba a dirección A Coruña ( correcto ), a Santiago e a Vigo. Mais, diante destes dous derradeiros destinos, alguén pintara un A, de tal maneira que o sinal quedaba A Coruña, A Santiago e A Vigo, co cal a cidade herculina, seica, segue sen chamarse como se chama.
Este é, ás veces, un país tristísimo.
Categoría: Xeral - Publicado o 29-01-2009 21:42
# Ligazón permanente a este artigo
GALEGOFOBIA ROSA-PORRO

Corina Porro volveu, o venres, sobre o tema que, seica, é a súa gran promesa electoral. Reproduzo as súas palabras:
Fíjense si estoy segura de lo que haremos si obtenemos el gobierno gallego que aseguro que dejaré la política si no derogamos ese decreto (refírese ao decreto do galego no ensino ) de inmediato.
Ollo: de inmediato. Igual que Obama pechando Guantánamo.
Ao día seguinte, Rosa Díez, de mitin en Galicia, falou da Junta de Galicia, de que a lingua galega "é unha arma" ao servizo do "Be-ene-ge", ao mesmo tempo que se refería todo o rato a La Coruña e Orense.
Logo resulta que os que fan do galego un problema somos os galegofalantes.
Categoría: Xeral - Publicado o 25-01-2009 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
MARIMANTEANDO

Hoxe rematei un Obradoiro Literario que durou dous sábados en Betanzos, organizado por esa xente entusiasta de Marimanta, todo un exemplo de como facer cultura desde o pé: entusiasmando aos pequechos ofrecéndolles traballar coa banda deseñada, coa literatura, promovendo clubs de lectura, exposicións...
Foron dous sábados nos que tiven a ocasión de pecharme con pequenos e pequenas dun enorme talento aos que lles fixen propostas moi arriscadas e que conseguiron, sempre, sempre, sorprenderme cos resultados.
Grazas, marimantos e marimantas.
Categoría: Xeral - Publicado o 24-01-2009 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
A GRAN LITERATURA SEGUNDO MANGUEL

O outro día ( e provocouse un gran debate ) falei aquí do que chamei gran literatura, distinguíndoa do puro entretimento. A frase de Borges que utilicei estaba tirada dunha entrevista co grande Alberto Manguel, do que levo falando un par de días.
Xusto é que agora escoitemos ( para refrendar o que dixen ) a súa voz. Di Manguel:
A gran literatura non é doada. Ás veces propónsenos unha literatura doada, lixeira, de puro entretemento. Iso non é literatura senón comercio. A literatura é un pracer que se adquire coa dificultade.
Pois iso.
Categoría: Xeral - Publicado o 23-01-2009 21:51
# Ligazón permanente a este artigo
AMA OS LIBROS POR ENRIBA DE TODAS AS COUSAS

Levamos xa un par de días falando do mesmo asunto.
Que lemos por pracer.
Que a lectura é unha droga da que non queremos desengancharnos.
Sen embargo, a idea é moi vella.
Nun libro ben antergo, Sátira dos oficios, datado no Imperio Medio ( 2040 - 1786 a. C ), un texto exipcio, lemos este fragmento ben curioso. Un pai fálalle ao seu fillo explicándolle por que debe ser escriba, e faino con estas palabras:
¡Aplícate aos libros! Mira, nada hai mellor que os libros. Vou facer que ames os escritos máis ca á túa nai, vou presentar as súas bondades ante ti.
A ver, non é para tanto: máis que a nai...
O que si que está claro, é que este amor común vén de moi lonxe. De moito.
Categoría: Xeral - Publicado o 22-01-2009 22:11
# Ligazón permanente a este artigo
UNHA DROGA DA QUE NON QUEREMOS DESENGANCHARNOS

Ao fío da reflexión de onte, atopo estas declaracións da actriz, agora tan de moda, Rosario Dawson ( a da foto ):
Veño de comezar a ler os libros de Crepúsculo e son coma o crack.
Xa que logo, dalgunha maneira, as lecturas que para un son boas - sen entrar agora na calidade de Crepúsculo, que está a arrasar entre a rapazada - son, para nós, coma drogas.
Mais desa adicción non queremos desengancharnos.
Categoría: Xeral - Publicado o 21-01-2009 21:20
# Ligazón permanente a este artigo
PLACER E LECTURA

Levo moitos anos mantendo que a lectura, sobre todo, hai que vendela como unha fonte de pracer. Hai quen se rebota con isto, claro, mais, sinceramente, non sei por que debo ler se non me proporciona tal actividade algunha clase de goce. O mesmo penso do feito de escribir. E aí son eu quen se rebota diante desa imaxe do escritor maldito, que sufre en silenzo porque non lle saen as tramas ou non lle concordan os versos. Se non fose o tipo máis feliz do mundo cando escribo, non o faría.
Todo isto a conta da seguinte reflexión de Alberto Manguel nunha recente entrevista:
Recuerdo la tristeza que me produjo leer la última novela de Conrad. Pero, ojo, también creo que debemos tener cierta desconfianza hacia nuestro propio sentido estético. Lo bueno es pensar, esta novelita me dio placer y lo que voy a hacer es buscar otra para extender este placer un poquito más. El placer, en todos los órdenes de la vida, también es una cuestión de aprendizaje. Tenemos que probar distintas cosas.
O que eu digo: o pracer e a lectura, xuntos.
Categoría: Xeral - Publicado o 20-01-2009 22:04
# Ligazón permanente a este artigo
PALABRA DE PORRO

Nun acto preelectoral en Vigo, Corina Porro, exalcaldesa da cidade dixo textualmente falando da intención do PP de derogar o descreto do galego no ensino: "empeño mi palabra y abandonaré la política si no se hace así".
Empeñar a palabra é algo moi serio que alguén que se dedique á política só debe facer diante de algo que considere esencial e transcendente. Está claro que, para ela, o asunto lingüístico é fundamental. Non deixará a política se non acaba coa violencia de xénero. Non deixará a política se non acaba co paro. Non deixará a política se non acaba co fracaso escolar.
Deixará a política se non consigue que se reduzan as horas de ensino en galego en Galicia.
Categoría: Xeral - Publicado o 18-01-2009 22:43
# Ligazón permanente a este artigo
UN NOVO BLOG

Un autor importante de noso. Un home coas ideas claras. Un amigo.
Estrea blog Xesús Constela Doce.
Para poñer en favoritos.
Categoría: Xeral - Publicado o 17-01-2009 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
1 [2] [3]
© by Abertal