A Canción do Náufrago II


Blog do escritor Francisco Castro
Perfil de Francisco Castro
Perfil de Facebook de Francisco Castro.
Crea a túa chapa
O meu perfil
Francisco Castro
 CATEGORÍAS
 FOTOBLOGOTECA
 Tamén podes ler...
 BUSCADOR
 BUSCAR BLOGS GALEGOS
 ARQUIVO
 ANTERIORES

NON SEI QUE FACER

Coa que está a caer no mundo da cultura, e da lingua galega, e con todo iso das Galicias Monolingües ( falemos en propiedade ) decátamoe de que só me apetecen dúas cousas: durmir e refuxiarme na poesía.
Así que volvo outra vez e outra vez máis a Neruda e ás súas memorias, para deixar claro que, malia o que escribín no primeiro parágrafo, os poetas poden chegar a ser moi prosmas.
Conta Neruda sobre o seu primeiro recital, que fixo na compaña doutro poeta do seu tempo, Romeo Murga (xa o apelido tiña delicto ):
Con este Romeo Murga fuimos a leer nuestras poesías a la ciudad de San Bernardo, cerca de la capital. Antes de que apareciéramos en el escenario, todo se había desarrollado en un ambiente de gran fiesta: la reina de los Juegos Florales con su corte blanca y rubia, los discursos de los notables del pueblo y los conjuntos vagamente musicales de aquel sitio; pero, cuando yo entré y comencé a recitar mis versos con la voz más quejumbrosa del mundo, todo cambió: el público tosía, lanzaba chirigotas y se divertía muchísimo con mi melancólica poesía. Al ver esta reacción de los bárbaros, apresuré mi lectura y dejé el sitio a mi compañero Romeo Murga. Aquello fue memorable. Al ver entrar a aquel quijote de dos metros de altura, de ropa oscura y raída, y empezar su lectura con voz aún más quejumbrosa que la mía, el público en masa no pudo ya contener su indignación y comenzó a gritar: "¡Poetas con hambre! Váyanse! No echen a perder la fiesta".
Así que si. Ás veces os poetas son uns prosmas.
Así que igual tiña que pensar en non durmir, non ler poesía e marchar de festa.
Categoría: Xeral - Publicado o 04-06-2009 22:35
# Ligazón permanente a este artigo
POR UNHA BIG BAND DA LITERATURA GALEGA

Leo que o supervendas Ken Follet actuou estes días na Feira do Libro de Madrid. Seica ten unha banda de rock que se chama Damn Right I Got The Blues, e apostara cos responsables da feira madrileña que se vendía millón e medio de exemplares do seu último libro en castelán, tocaría alí.
Coido que esta é unha idea fantástica para animar as nosas feiras patrias. Non é cuestión de apostarmos que iremos tocar se vendemos esa cantidade, que intúo que non, pero si que é certo que a literatura galega está cheíña de autoras e autores que nalgún instante temos recoñecido en público que somos músicos frustrados e, xa que logo, tocamos na intimidade das nosas casas, soñando, eternamente, que nos escoitan multitudes entolecidas que nos aclaman.
Daquela, habería que promover unha Big Band da literatura galega.
Vender libros habiamos vender igual de poucos. Pero aínda podiamos rir, e podiamos divertir, un cacho.
Se Ken Follet pode, nós tamén.
( Todo o anterior, por suposto, é unha chiscadela. Que ninguén o tome en serio. Deume moito o sol na cabeciña hoxe, primeiro día de praia )
Categoría: Xeral - Publicado o 31-05-2009 20:44
# Ligazón permanente a este artigo
TRAGAR SEN DISCRIMINAR

Quero volver sobre o libro de Neruda do que falei hai uns días, porque hai outro fragmento (hai milleiros nese libro, para ler e reler) que explica ben o que nos pasou a moitos cando nos estabamos a formar como lectores e que, tamén, nos dá certas claves que debemos de ter presentes á hora de pensar en como motivar á lectura aos máis pequechos da casa.
Lendo o fragmento, lembrei que todos empezamos a ser lectores conscientes (estado que xa non abandoaremos nunca) cando queremos ler de todo e todo o tempo e arramplamos coa biblioteca familiar. Tragando, como Neruda di, sen discriminar.
Iso é bo e é importante que suceda así. Ou o que é o mesmo: que nos primeiros anos hai que darlles de ler de todo, e non obsesionarse con que lean "clásicos" ou "obras fundamentais" ou "gran literatura". Que lean de todo. Xa aprenderán, co tempo, a discriminar. Xa chegarán a un intre no que non todo lles parecerá magnífico.

Dito isto, as palabras de Neruda que provocaron esta reflexión:
Mientras tanto avanzaba en el mundo del conocimiento, en el desordenado río de los libros como un navegante solitario. Mi avidez de lectura no descansaba de día ni de noche. En la costa, en el pequeño Puerto Saavedra, encontré una biblioteca municipal y un viejo poeta, don Augusto Winter, que se admiraba de mi voracidad literaria. “¿Ya los leyó?”, me decía, pasándome un nuevo Vargas Vila, un Ibsen, un Rocambole. Como un avestruz, yo tragaba sin discriminar.
Categoría: Xeral - Publicado o 30-05-2009 21:06
# Ligazón permanente a este artigo
MOTIVOS PARA NON LER

Neste blog sempre insistimos en que hai milleiros de motivos, e todos positivos, para ler ( aínda que ben sei que a meirande parte, por non dicir todos os que len este blog non precisan de tales consellos ).
Xa que logo, hoxe toca dicir algún motivo para non ler. E boto man de Onetti, quen declarou unha vez que estaba chosco perdido por culpa de ter lido a obra completa de Verne.
Estaríao por iso, que de certo que non, pero o que está claro é que foi unha miopía que pagou a pena, porque non era quen de deixar de ler ao grande Jules.
O pracer ( levaban razón os inquisidores ) produce perda de visión.
Categoría: Xeral - Publicado o 29-05-2009 22:06
# Ligazón permanente a este artigo
OS PORCOS, A LINGUA E JAIME MAYOR OREJA

Leo que o cabeza de lista do PP ás eleccións europeas, Jaime Mayor Oreja, nun mítin amosou o seu orgullo por non saber vasco. En si mesmo isto xa debería de ser un problema. Non o de non saber vasco, senón ser vasco e ir dicindo por aí que non se sabe a lingua do propio país.
Sen embargo, houbo algo moito máis gordo nas súas palabras. Reproduzo as súas verbas, recollidas en A Nosa Terra de hai dúas semanas:
Mi bisabuelo se esforzó para que sus hijos no se cerrasen en la piara. Les prohibió que hablasen vasco para que aprendiesen bien el español.
Como vemos, o bisavó de Mayor Oreja, e el mesmo, manexan os tópicos de sempre:
1.- hai linguas que nos pechan ao mundo e outras que nos abren. Mentira, pero eles dino igual.
2.- hai linguas que son de cortello e outras de salón de té. Mentira, pero eles dino igual.
3.- para aprender ben o español hai que deixar de falar outra lingua, como se o cerebro fose estoupar ao ter que se facer cargo de dúas. Outra mentira, pero eles dino igual.
En fin.
Categoría: Xeral - Publicado o 28-05-2009 21:53
# Ligazón permanente a este artigo
O EXEMPLO DO BARÇA

Non lles son eu moi futboleiro, pero teño xente na casa que si, e vimos a final da Copa do Rei, e vimos como ao recoller a copa os xogadores do Barça puxeron unhas camisetas que, en catalán, dicían Rei de Copes.
Despois, o sábado, vin a celebración da liga que tamén gañaron. Puxeron outras camisetas, que dicían, en catalán, Campións. Despois, foron tomando o micrófono os xogadores para falar, en catalán, cos seus afeccionados. Puyol, Xavi, Busquets... falaron en catalán.
Todos sabemos do poder que ten o fútbol como xenerador de valores na sociedade, en especial, entre a mocidade. Ao se expresar na súa lingua propia, aqueles que son admirados polas masas, dignifícana e convértena nalgo valioso.
Non sei por que pero teño a sensación de que aquí non sería igual. Vexo na súa páxina web que o Dépor sigue sendo de La Coruña, é dicir, dunha cidade que oficialmente non se chama así. Como lembro que, cando ao Celta o adestraba Fernando Vázquez el sempre facía as súas declaracións en galego para que a prensa local... as ofrecese en castelán, como se fose un xogador serbocroata quen viñera de falar.
Gusto da actitude do Barça. Por enriba de calquera outro plantexamento, neste intre bélico que estamos a vivir neste país, esa é a que hai que ter.
Categoría: Xeral - Publicado o 26-05-2009 21:56
# Ligazón permanente a este artigo
UNH PREGUNTA DIFÍCIL DE RESPONDER

Hoxe lin un fermoso poema de Benedetti ( outro que quedou sen o Nobel merecéndoo moito ), titulado Ser unánime.
No poema hai un verso que fala de nós.
Di así:
Soy el que soy porque otros lo son.
Lino e pensei: si, leva razón Benedetti, somos quen somos porque outros son, porque pertencemos a un grupo, porque somos sociedade, porque nos recoñecemos dun país e dunha terra, dun espazo e dun lugar no mundo onde hai xente propia coma nós que comparte un cento de cousas con nós.
Ou sexa, que dalgunha maneira podo dicir que son galego porque hai galegos e un lugar no mundo que se chama Galicia.
O poema, en efecto, obrigoume a pensar isto. Mais levoume tamén a formularme unha pregunta complicada que vos deixo aquí, a ver quen ma responde: que acontece cando unha parte do país, da terra, da sociedade, do grupo, dimite da súa condición de pertenza a ese país, a esa terra, a esa sociedade, a ese grupo. Que acontece cando vives nun lugar onde hai dúas partes, dúas terras, dúas sociedades, dous grupos. Que pasa cando unha parte dos galegos, non se senten en primeiro lugar galegos ou, directamente, non se senten de ningunha maneira galegos, máis que como unha cousa folclórica de lacón con grelos e festas patronais que bonitos los fuegos del Apostol y las playas de Sanjenjo. Que acontece cando unha boa parte dos galegos non ven as palabras propias como as súas palabras. Que pasa cando a xente que vive en Galicia ve, como estranxeiros, aos que senten o país doutra maneira distinta.
Daquela, seguindo a Benedetti, nin sequera son. Ou, quizais, seguindo o seu exemplo de vida e compromiso debo dicir: a pesar dos outros, son.
Non sei como o vedes.
Categoría: Xeral - Publicado o 24-05-2009 21:24
# Ligazón permanente a este artigo
XA QUE LOGO, É UNHA COLONIZACIÓN

Lendo unha reportaxe nunha revista de historia sobre o apresamento de Cristóbal Colón, polos seus excesos sobre os seus súbditos na Española, atopo a seguinte perla, perfectamente aplicable á situación que vivimos en Galicia cos que, sendo galegos, din que non entenden a lingua ( carallo - o outro día escribín carafio e houbo quen me reñiu: o que sería difícil de entender en Galicia por un castelanfalante sería o serbo-croata, pero en fin... ):
La adaptación de los colonos españoles a las nuevas tierras descubiertas fue difícil y llevó mucho tiempo. Colón y sus hombres tuvieron que improvisar y hacer frente a toda suerte de adversidades. De entrada, la barrera lingüística creó dificultades con la población indígena.
¿Vedes? Igualiño que aquí: para moita xente o galego é unha barreira que impide entenderse con nós ou, o que é o mesmo, dificulta que nos colonicen.
Porque Colón e os seus conseguiron rematar con todas aquelas falas. Fixeron desaparecer as falas dos "indíxenas".
O malo é que, aquí, unha boa parte dos indíxenas colaboran con agrado.
Categoría: Xeral - Publicado o 23-05-2009 22:01
# Ligazón permanente a este artigo
PREOCUPADO E DECEPCIONADO

Ese é o título do meu artigo publicado hoxe en A Nosa Terra.
Podes lelo aquí.
Categoría: Artigos en A NOSA TERRA DIARIO - Publicado o 22-05-2009 21:26
# Ligazón permanente a este artigo
HISTORIAS ASOMBROSAS PERO VERDADEIRAS 6

Pola mañá, nunha desas conversas insulsas das que temos un cento ao día cando atopas un veciño e te ves obrigado a estar un chisco con el (conversa de ascensor, concretamente ), el quixo saber a miña idade. Corenta e dous, respondín. O seu comentario posterior foi: en fin, estás na metade da vida.
Marchei para o traballo medio deprimido. Carafio, a metade da vida.
Polo serán, xa na casa, lin nunha revista que ao sol quedábanlle aínda uns cantos centos de miles de anos. No artigo dicíase que estaba na metade da vida.
Sorrín e pensei: pois agora é cando máis loce.
Categoría: Xeral - Publicado o 20-05-2009 21:19
# Ligazón permanente a este artigo
© by Abertal